Cibersinxelo: ciberseguridade ante a fraude
Non te preocupes: a túa conta non está bloqueada. É un exercicio de prevención
Queremos lembrarche que o BBVA NUNCA inclúe ligazóns nin teléfonos nas mensaxes. Fixemos este exercicio para concienciarte sobre os riscos dunha mensaxe fraudulenta, xa que a ligazón podería levarte a unha páxina web falsa para roubar os teus datos.
Agora, para que non teñas ningunha dúbida, recibirás as mensaxes oficiais do BBVA nun novo fío verificado que contén o nome e o logotipo do banco.
Pareceuche útil este exercicio de ciberseguridade?
Sigue estes consellos se che chega unha mensaxe sospeitosa
-
1. Se ten ligazón ou número, non é o BBVA
Nós non incluímos ligazóns nin números de teléfono nas nosas SMS. Se recibes unha, é falsa.
-
2. Non compartas os teus datos
Non compartas contrasinais, claves, nin descargues aplicacións desde ligazóns en SMS.
-
3. Conta connosco
Ante a dúbida, non deas información e contacta connosco na Liña BBVA (900 102 801).
-
4. Activa as notificacións da app BBVA
Consulta a información da túa conta no contorno seguro do BBVA. Non te deixes levar por SMS alarmantes.