Conta Xove Sen Comisións

Se tes entre 18 e 29 anos, esta é a túa conta. Sen comisións de administración nin mantemento.

0 € por comisións na conta

0 € por administración e mantemento da conta, sen condicións.  0% TIN 0% TAE.

0 € pola túa tarxeta Aqua Débito

0 € por emisión e mantemento da tarxeta para usar nas túas viaxes por todo o planeta.

0 € por custodia en investimento

Por operación en ETF e accións 0,99 €. Sen límite mensual de operacións.

Promoción Black Friday

Ese capricho do Black Friday por 150 € menos, real!

Só tes que seguir estes pasos:
  • Faite do BBVA.
  • Devolverémosche ata 150 € das compras que fagas coa Tarxeta Aqua Débito durante os 30 días seguintes a te dares de alta.
  • Debes ter Bizum activo para poderes recibir a bonificación.

Garda este código, pois vas ter que introducilo ao abrires a conta antes do 1/12/2026:

Copiar código TARJETA150

Menos de 30, máis viaxar sen comisións ao estranxeiro

Saca diñeiro nas túas viaxes ao estranxeiro sen comisións. Tamén as fins de semana.

  • 0 € por sacar diñeiro alá onde vaias

    3 retiradas de efectivo en caixeiros de todo o mundo, sen límite de importe.
  • 0 € por pagar noutra moeda

    Paga en divisa estranxeira sen custo extra, sen tope mensual de importe.
  • Toda a seguridade esteas onde esteas

    A túa tarxeta sen números impresos e cun CVV dinámico que cambia en cada compra.

Máis vantaxes BBVA, máis ti

Creamos un plan adaptado a ti que che ofrece unha experiencia financeira móbil completa e segura, que che permite xestionar o teu diñeiro no día a día con total liberdade.

  • Toda a túa seguridade

    Terás prevención de hackeos e phishing grazas á máxima seguridade do teu banco.
  • Transferencias top

    Envía e recibe diñeiro en divisa con cambio favorable e sen custo.
  • Agora si, é a túa casa

    Accede ao teu fogar con ata un 95% na túa hipoteca e condicións adaptadas ao teu futuro.
  • As túas marcas fav

    Compra con descontos exclusivos nas túas marcas favoritas desde a app do BBVA.

Máis investir para conseguir as túas metas

  • Con 0 € en comisión de custodia e 0,99 € por operación en ETF e accións. Sen límite mensual de operacións.
  • Coa nosa app non perdas de vista o teu diñeiro, terás alertas, gráficos e unha guía para que aprendas a tirarlles o máximo partido aos teus aforros.

Como funciona

Lembra que investir comporta riscos

Investir comporta riscos e podería supor a perda do teu investimento. Se tes algunha dúbida, antes de contratares un produto de investimento contacta cun especialista do BBVA.

Menos dúbidas, máis estar aí 24/7

Se tes dúbidas, resolvémolas

Non deixes pasar ningún detalle

É unha conta sen comisións para mozos e mozas de 18 a 29 anos, pensada para as xestións do día a día: ingresar diñeiro, facer transferencias, pagar compras físicas e en liña, domiciliar recibos e usar Bizum.

Consulta a documentación da Conta Online para a Mocidade

Documentación da conta

É importante que coñezas e entendas os documentos que pomos á túa disposición antes da contratación da Conta Online Sen Comisións para Mozos, con 0% TIN e 0% TAE, calculado para calquera suposto de saldo positivo diario durante un ano. Aquí podes consultalos:

Comisións por descuberto tácito

Se nalgún momento a túa conta queda ao descuberto (por exemplo, chega un recibo e non tes saldo suficiente), aplicaranse as seguintes comisións:

  • Tipo de xuro anual por descuberto tácito: 7,25 % TIN.
  • Comisión por descuberto tácito na conta: 4,50 % (importe mínimo 15 €).

A TAE resultante de aplicar os xuros debedores e a comisión de descuberto está limitada legalmente para o "consumidor" e non pode superar 2,5 veces o xuro legal do diñeiro. Calquera modificación do tipo de xuro legal do diñeiro suporá un cambio automático na TAE aplicada nos descubertos.

Rankia recoñece o BBVA como Mellor Banco de España 2025

Premiado a Conta Online e Conta Nómina

Sácalle máis partido a ser mozo

Non tes a app?

Descárgaa e únete aos máis de 5 millóns de persoas que a usan cada día.