Pack Viajes para a mocidade
Se es novo, triunfa co Pack Viajes gratis
Por ser menor de 30 anos, o Pack Viajes Superior está incluído gratis na túa tarxeta BBVA.
Teralo listo para usar desde o primeiro día, sen necesidade de facer nada máis.
Que inclúe o Pack Viajes Superior?
Un exemplo: así aforrou Laura
Laura viaxou un mes por Asia. Tiña previsto gastar uns 1.500 € coa tarxeta. Tamén necesitaba retirar efectivo 2 ou 3 veces para comprar nos mercados locais.
Por iso, seleccionou o Pack Viajes Superior e os 30 días que ía estar en Asia. Desta forma, aforrou 67,50 € en comisións (o 3% dos 1.500 € que pagou coa tarxeta e o 4,5% de 300 € polas 3 veces que retirou efectivo do caixeiro).
Resultado? Laura pagou 7,99 € polo paquete, pero aforrou 67,50 € en comisións.
Como se usa?
-
Ao pagares coa tarxeta noutra moeda distinta ao euro ou retirares efectivo dun caixeiro fóra de España, devolverémosche as comisións automaticamente o mesmo día do cobramento.
Desde a app, poderás ver en todo momento os movementos e o que aforraches.
Ten en conta que, igual que en España, os bancos estranxeiros poderían cobrar outras comisións por usar o seu caixeiro que non poderiamos devolver.