TPV
Faite cliente e consigue o teu TPV + un Bono TPV sen custo os 12 primeiros meses
- Poderás elixir o TPV que mellor se adapte ao teu negocio: TPV Android, TPV Virtual ou TPV Cobramento no móbil.
- Sen pagar nada os primeiros 12 meses.
- E con TPV Android poderás cobrar con Bizum aos teus clientes no teu comercio físico.
Faite cliente coa Conta Empresas Bienvenida sen comisións e aproveita todas estas vantaxes.
Se che interesa esta promoción
Descubre as vantaxes dun TPV que se adapta ao teu negocio.
- Mantemento: solucionamos os problemas do teu TPV en menos de 48 horas.
- Tarifa fixa: en función da facturación anual do teu negocio. Agora sen custo os 12 primeiros meses.
- Control de vendas: para seguir os teus cobramentos e xestionar devolucións en tempo real desde a app.
- Máis formas de pagamento para os teus clientes do estranxeiro: pagamentos con chip ou banda magnética, contactless, QR de WeChat Pay e AliPay.
- Financiamento con Plazox: para que os teus clientes poidan fraccionar as súas compras.
- Anticipo TPV: para que poidas dispor de liquidez a partir da actividade do teu TPV.
- Podes instalar apps como: TAX Free, TicketBai, Smart Business Lite.
E ademais, contarás coas vantaxes da Conta Empresas Bienvenida:
- Sen comisión de administración e mantemento da conta*. 0% TIN 0% TAE, para calquera suposto de saldo positivo diario durante un ano.
- Sen comisión de administración e mantemento da tarxeta de débito ou crédito.
- Sen comisión por transferencias** ordinarias e emisión de nóminas en euros, coroas suecas ou en lei romaneses dentro do ámbito do Espazo Económico Europeo, ordenadas desde bbva.es, a app do BBVA, a banca en liña empresas e caixeiros BBVA.
- Sen comisión por emisión de cheques nin por compensación ou negociación por ingreso de cheques en euros.
Máis de 300.000 empresas xa se benefician das vantaxes de seren clientes do BBVA
Cun equipo humano cerca de ti que te entende e te acompaña
Coa oportunidade de que a túa empresa forme parte dun futuro máis verde e sostible
Controla o teu negocio esteas onde estiveres
Coa banca en liña e a app para empresas do BBVA, pómoscho fácil:
- Fai os teus pagamentos e cobramentos de forma rápida, segura e áxil.
- Consulta as túas posicións (tarxetas, conta, etc.).
- Opera cando queiras. Desde calquera parte do mundo.
Oferta válida para novos clientes persoas xurídicas con facturación non superior a 5 millóns de euros ao ano.
Conta Empresas Bienvenida:
* Conta sen comisión de mantemento. Conta sen comisión de administración. 0% TIN 0% TAE, para calquera suposto de saldo positivo diario durante un ano.
** Transferencias. Sen comisión por transferencias ordinarias, inmediatas e emisión de nóminas en euros, coroas suecas ou en lei (RON) romaneses dentro do ámbito do Espazo Económico Europeo (membros da Unión Europea máis Islandia, Liechtenstein e Noruega) ordenadas desde bbva.es, app do BBVA, banca en liña para empresas e caixeiros BBVA. Non incluídas as realizadas en soporte magnético, OMF (orde de movemento de fondos) nin transferencias valor día. Para as transferencias non incluídas serán de aplicación os conceptos complementarios e gastos de transferencias establecidos para ese fin no anexo de comisións.
Promoción Bono TPV válida ata o 31 de decembro de 2025:
Cos 12 primeiros meses sen custo para novos clientes persoas físicas e xurídicas con facturación anual inferior a 5 millóns de €/ano ao contratar algunhas destas modalidades: Bono 6, Bono 10, Bono 15, Bono 20 e Bono 30, xunto cun TPV BBVA (Android ou un TPV tradicional ou un TPV virtual). O Bono 6 só está dispoñible para a modalidade de TPV Cobramento no móbil. O Bono 10 está dispoñible para TPV físico e virtual. O resto de modalidades de Bono están dispoñibles só para TPV físico. Inclúe o desconto de todas as operacións procesadas polo TPV con Bizum (só TPV virtual) e tarxetas VISA e Mastercard (excepto tarxetas B2B), sempre que a facturación anual do comercio non supere o límite anual da modalidade de Bono TPV contratada. Inclúe tamén a comisión de mantemento dun terminal. Para o segundo e os seguintes terminais, a comisión será de 5 euros ao mes por cada un se é activo ou de 25 euros ao mes se é inactivo, é dicir, se transcorren 2 meses sen realizar ningunha operación. Ás operacións con tarxetas B2B e con calquera outra tarxeta ou método de pagamento diferente de Visa e Mastercard aplícaselles a porcentaxe de desconto ou custo fixo que corresponda.