Préstamo TPV en liña

Préstamo inmediato para ocuparte do que non pode esperar

Porque se o día a día do teu negocio non espera, a liquidez para facelo crecer, tampouco. Solicita o teu Préstamo TPV en liña e adiántate ao que non pode esperar de forma flexible, sinxela e rápida.

  • Na túa conta ao momento, sen papelame e sen xustificar o uso.
  • Devolvéndoo ao teu ritmo e en función das túas vendas: só amortizarás os días que factures.

Contámosche as súas condicións e vantaxes:

  • Solicita desde 300 € ata 50.000 € cun tipo de xuro do 0% e unha comisión de apertura personalizada*.
  • Devólveo nun máximo de 150 días co 20% da remesa diaria dos teus TPV. E, se queres, podes amortizalo de forma anticipada, ao teu ritmo, e sen importe mínimo.
  • E agora, se tes máis de dous comercios, podes telos unificados nun mesmo Préstamo TPV en liña.

* Condicións exclusivas para o titular da comunicación. O importe do límite de financiamento estará suxeito á análise previa de rating e solvencia que poida realizar o banco e poderá ser modificado ou eliminado se cambian as circunstancias do cliente. A solicitude, a concesión e o importe máximo estarán suxeitos á aprobación do BBVA.

O prazo máximo de amortización do préstamo é de 150 días. No último día, cargarase na conta de aboamento o importe pendente de amortizar nesa data. Non se poderá volver solicitar un “Préstamo TPV en liña” ata que estea totalmente amortizado o importe prestado con anterioridade.

EXEMPLO: Para un suposto dunha disposición de 20.000 € en que a comisión de apertura inicial personalizada é do 1,60% (320 €) e supondo que o comercio non facturou nada diariamente co seu TPV durante 150 días (prazo máximo), amortizará o préstamo na data de vencemento polo total de 20.000 €. A taxa anual equivalente (TAE) da operación sería (TAE 3,87%); TIN 0%. Calculada segundo o importe efectivo desta e os termos pactados contractualmente, de acordo coa Circular 5/2012, do 27 de xuño, do Banco de España.