NIVEL DE RISCO
1/6

Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco.

O BBVA está adherido ao Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito de España. A cantidade máxima garantida é de 100.000 € pola totalidade de depósitos constituídos no BBVA por persoa.

Financiamento

Faite cliente e accede a financiamento con condicións especiais durante o primeiro ano

Aproveita a oportunidade e fai crecer o teu negocio co BBVA. Sexan cales foren as túas necesidades, temos o financiamento que precisas.

Faite cliente coa Conta Empresas Bienvenida e aproveita esta promoción.

Só para empresas con facturación non superior a 5 millóns de euros ao ano.
Chamada telefónica

Se che interesa esta promoción

Déixanos os teus datos e un xestor porase en contacto contigo.

Ata 30.000  € ao euríbor + 0% durante o primeiro ano, cun destes produtos:

Conta de crédito

O financiamento para cubrir as necesidades de tesouraría, compra de existencias, desfasamentos entre cobramentos e pagamentos, etc. Solicita un importe anual, que poderás usar segundo precises, sen presentar xustificante de gastos e sen comisións por tarxetas, transferencias ordinarias e cheques.

Desconto comercial

Anticipa o cobramento de letras de cambio, notas promisorias, facturas, etc. Obtén liquidez para acceder ao importe de vendas realizadas e financiamento de circulante de forma rápida e cómoda con tramitación e concesión en moi pouco tempo.

Préstamo empresarial BBVA (ata un prazo máximo de 12 meses)

Consigue financiamento á medida para a adquisición de activos e circulante da túa empresa, como por exemplo financiamento específico das túas campañas de produción.

Financiamento de importacións

Un límite de crédito para compras no estranxeiro que che permite realizalas sen perder liquidez, financiando o total ou unha parte do pagamento e escollendo o día exacto do vencemento. Todo, directamente desde a túa banca en liña e cunha cantidade dispoñible para todo o ano.

Anticipo de exportacións

O teu límite de crédito específico para exportacións co que poderás adiantar o total ou unha parte do cobramento de forma instantánea na túa conta para non perderes liquidez. Dispón dunha cantidade todo o ano e xestiónao directamente desde a túa banca en liña.

E ademais, contarás coas vantaxes da Conta Empresas Bienvenida:

  • Sen comisión de administración e mantemento da conta*. 0% TIN 0% TAE, para calquera suposto de saldo positivo diario durante un ano.
  • Sen comisión de administración e mantemento da tarxeta de débito ou crédito.
  • Sen comisión por transferencias** ordinarias e emisión de nóminas en euros, coroas suecas ou en lei romaneses dentro do ámbito do Espazo Económico Europeo, ordenadas desde bbva.es, a app do BBVA, a banca en liña empresas e caixeiros BBVA.
  • Sen comisión por emisión de cheques nin por compensación ou negociación por ingreso de cheques en euros.

Máis de 300.000 empresas xa se benefician das vantaxes de seren clientes do BBVA

Faite cliente e descubre ti tamén as vantaxes de contar cun banco como o BBVA.

Cun equipo humano cerca de ti que te entende e te acompaña

O noso equipo de xestoras e xestores estará sempre dispoñible para axudarche a solucionar as dúbidas que teñas sobre o proceso, a documentación que necesites presentar ou a contratación de produtos.

Coa oportunidade de que a túa empresa forme parte dun futuro máis verde e sostible

Descubre como facer do teu negocio un lugar máis eficiente e responsable co medio ambiente coas liñas de acción sostibles para pemes.

Controla o teu negocio esteas onde estiveres

Coa banca en liña e a app para empresas do BBVA, pómoscho fácil:

  • Fai os teus pagamentos e cobramentos de forma rápida, segura e áxil.
  • Consulta as túas posicións (tarxetas, conta, etc.).
  • Opera cando queiras. Desde calquera parte do mundo.

Oferta válida ata 31 de decembro de 2023 para novos clientes persoas xurídicas con facturación non superior a 5 millóns de euros ao ano.

Conta Empresas Bienvenida:
*Conta sen comisión de mantemento. Conta sen comisión de administración. 0% TIN 0% TAE, para calquera suposto de saldo positivo diario durante un ano.
** Transferencias
Sen comisión por transferencias ordinarias e emisión de nóminas en euros, en coroas suecas ou en lei (RON) romaneses dentro do ámbito do Espazo Económico Europeo (membros da Unión Europea máis Islandia, Liechtenstein e Noruega) ordenadas desde bbva.es, app do BBVA, banca en liña para empresas e caixeiros BBVA. Non incluídas as realizadas en soporte magnético, OMF (orde de movemento de fondos), transferencias valor día e transferencias inmediatas. Para as transferencias non incluídas serán de aplicación os conceptos complementarios e gastos de transferencias establecidos para ese fin no anexo de comisións.

Financiamento:
Financiamento suxeito á aprobación previa por parte do BBVA. Este documento non constitúe oferta vinculante ou recomendación do BBVA para a contratación dos produtos e servizos indicados nel, nin substitúe ou modifica a documentación precontractual e contractual correspondente aos devanditos produtos e servizos. Formalización suxeita a análise e aprobación previas por parte do BBVA. O BBVA poderá requirir garantías adicionais como requisito previo á contratación destes produtos.