Promoción Conta Empresa
Financiamento e solución de cobramento para o teu negocio, agora máis fácil
Se necesitas financiamento ou unha solución para cobrar aos teus clientes, tes dúas promocións á túa disposición.
* Estas dúas promocións son excluíntes entre si, é dicir, só se poderá escoller unha delas.
Pódelo ver nesta ligazón.
Promoción Bono TPV* cos 12 primeiros meses sen custo para clientes persoas xurídicas con facturación anual inferior a 5 millóns de €/ano que contraten un TPV Android (ou calquera outro TPV físico, ou un TPV virtual) antes do 31/12/2023. Promoción válida para as modalidades de Bono 6 (só con TPV Smartpay), Bono 10 (para TPV físico ou virtual), Bono 15 (só para TPV físico), Bono 20 (só para TPV físico) e Bono 30 (só para TPV físico). * (O Bono TPV é unha tarifa plana consistente no pagamento dunha cota fixa mensual durante 12 meses prorrogables anualmente. Inclúe o desconto de todas as operacións procesadas polo TPV con tarxetas Visa e MasterCard, agás tarxetas B2B, así como a comisión de mantemento dun terminal). Para o segundo e os seguintes terminais a comisión será de 5 € ao mes por cada un se é activo ou de 25 € ao mes se é inactivo, é dicir, se transcorren 2 meses sen realizar ningunha operación. Ás operacións con tarxetas B2B, e con calquera outra tarxeta ou método de pagamento diferente de Visa e MasterCard, aplícaselles o % de desconto ou custo fixo que corresponda.
Condicións da promoción Financiamento Euríbor + 0% {*}. O financiamento está suxeito á aprobación previa do banco. É posible que o BBVA non che conceda o préstamo ou límite de crédito. No caso de Límites de Financiamento de Importacións / Anticipo de Exportacións, tamén pode suceder que, unha vez autorizado o límite, o BBVA che denegue algunha das solicitudes de disposición. Promoción válida ata o 31/12/2023 para persoas xurídicas con facturación anual inferior a 5 millóns de €/ano. Promoción aplicable aos seguintes produtos: Conta de Crédito, Desconto Comercial, Anticipos Cargos SEPA, Límites de Financiamento de Importacións, Anticipo de Exportacións e Préstamo Empresarial (a 12 meses máximo). Financiamento a euríbor + 0% durante o primeiro ano, para un importe máximo de 30.000 €, asignable a un único produto dos incluídos na promoción, non podendo repartirse entre varios deles. As principais comisións financeiras (apertura, estudo, dispoñibilidade e cancelación anticipada) de cada produto quedan excluídas desta promoción e negociaranse individualmente en cada proposta. Por exemplo, con referencia a euríbor trimestral con data 09/10/2023: TIN 3,98%, TAE variable 6,01690% por un importe de 30.000 € a 12 meses, 2.554,22 €/mes (importe total de 30.950,67 €, comisión de apertura do 1%.). Para unha Conta de Crédito con referencia a euríbor a 90 días para unha conta contratada o 10/10/2023: TIN 3,98%, TAE variable 5,0861%, para un límite dispoñible de 30.000 € con liquidacións trimestrais e un uso medio do crédito do 50%. Comisión de apertura do 1% e comisión de dispoñibilidade do 0,10%. Produtos excluídos da promoción: Click&Pay, Préstamo Impostos, Confirming e Factoring. Antes de finalizar a promoción, nas operacións con límite de crédito realizarase o estudo de aprobación correspondente para a súa posible renovación e revisaranse as condicións económicas aplicables a partir do vencemento do primeiro ano.