Equipo Contigo
Xa podes pasarte ao Equipo Contigo para que te atendan xestores BBVA por teléfono
- Resolve as túas dúbidas e xestións sen te desprazares.
- Cun horario máis amplo e sen necesidade de cita previa.
- E un equipo de xestores especialistas á túa disposición para apoiarte e informarte sobre produtos específicos (investimentos, seguros ou hipotecas).
Accede e solicita este novo servizo e contacta co teu Equipo Contigo BBVA na área O meu xestor da app cando o necesites.
Horario máis amplo para que contes connosco:
- Horario habitual: Das 9:00 ás 18:00 (L-X)* e das 9:00 ás 15:00 os venres.
- Horario de verán (do 1 de xullo ao 31 de agosto): De 8:00 a 15:00 (de luns a xoves)* e de 9:00 a 15:00 os venres.
*Fóra deste horario, tamén te poderemos axudar en caso de emerxencia.
Como podes pasarte ao Equipo Contigo desde a app BBVA?
-
1
Accede á área “Xestor” desde a icona que encontrarás na esquina inferior dereita da app.
-
2
Entra no apartado “Solicitar Equipo Contigo”.
-
3
Preme o botón… E listo! Empezarás a ser atendido por un equipo de xestores BBVA, sen desprazamentos nin esperas.
Solicitar Equipo Contigo