Cibersinxelo: ciberseguridade ante a fraude
Non te preocupes: A túa conta non está bloqueada. É un exercicio de prevención
Queremos lembrarche que o BBVA NUNCA inclúe ligazóns nas SMS. Fixemos este exercicio de maneira excepcional para concienciarte sobre os posibles riscos dunha SMS fraudulenta, xa que te podería levar a unha web falsa para roubar os teus datos. Mantente alerta e, se recibes unha SMS con ligazón, non premas nela.
Pareceuche útil este exercicio de ciberseguridade?
Sigue estes consellos se che chega unha mensaxe sospeitosa
-
1. Se ten ligazón, non é o BBVA
Nós non incluímos ligazóns na nosas SMS. Se recibes unha, é falsa.
-
2. Non compartas os teus datos
Non compartas contrasinais, claves, nin descargues aplicacións desde ligazóns en SMS.
-
3. Conta connosco
Ante a dúbida, non deas información e contacta connosco na Liña BBVA (900 102 801).
-
4. Activa as notificacións da app BBVA
Consulta a información da túa conta no contorno seguro do BBVA. Non te deixes levar por SMS alarmantes.