Cibersinxelo

Protexe as túas compras en liña en Nadal

Lembrámosche algúns consellos para protexerte contra as fraudes en liña

  • Nunca te chamaremos para pedir claves, contrasinais ou que realices unha operación con urxencia.

  • O BBVA non envía SMS con ligazóns nin números de teléfono. Se recibes algunha, é falsa.

  • Ante a dúbida, non deas información. Colga e contacta connosco na Liña BBVA.

Descubre cos nosos vídeos como protexerte de forma cibersinxela

  • Sospeita se che piden un pagamento urxente desde un número descoñecido. Se dubidas, confirma antes de actuar.
  • Comproba que a ligazón coincide coa da tenda orixinal. Se detectas algún erro, non finalices a compra.
  • Nunca te chamaremos para pedirche que fagas unha operación urxente. Se dúbidas, colga e contacta coa Liña BBVA.
  • A túa información persoal é esencial nunha fraude. Se desconfías dunha chamada, mensaxe ou correo electrónico, non deas ningún dato.

Queres saber como son outras fraudes?

  • Os teus datos poden ser moi valiosos para que os ciberdelincuentes consigan a túa confianza. Nunca compartas información persoal se non estás seguro/a de quen cha está pedindo.
  • Non deas os teus datos confidenciais por teléfono. Nunca te chamaremos para pedirche información dese tipo.
  • Non deixes que ninguén acceda aos teus datos: non compartas os teus contrasinais ou claves por teléfono, SMS ou correo electrónico.