Conta Online para Menores, nenos e adolescentes
Unha conta para menores con vantaxes de maiores
- Os teus fillos terán a súa conta por 0 €.
- Desde os 12 anos, poderán usar unha tarxeta para as súas viaxes e unha app con opción a Bizum.
- Con supervisión parental desde a túa app.
Ata o 31/03/2025
Empezan a teren os seus aforros? Duplicámosllelos
Cando o esforzo ten recompensa, é máis fácil aforrar. Agora podedes conseguir ata 30 € de aforro extra durante os 3 primeiros meses.
- Se aínda non es do BBVA, abre a túa Conta Online Sen Comisións + a súa Conta Online para Menores.
- Se xa es cliente, abre só a súa Conta Online para Menores.
- Introduce o código AHORRO30 ao abrir a conta do menor
- Fai un ingreso de 5 a 10 € cada mes e dobraremos ese importe.
Copia este código e introdúceo ao abrir a súa conta.
A conta para pasar de nenos a non tan nenos
-
-
Na escola, servirache para domiciliar bolsas ou axudas e gardar o seu diñeiro.
-
Desde os 12 anos, terán a súa tarxeta e poderás facerlles Bizum se non estás preto.
-
De adolescentes aprenderán a organizar o seu diñeiro e a aforrar coa súa propia app.
Mentres eles medran, as vantaxes tamén
Aínda que cambien rápido, poderán aprender ao seu ritmo
Farán as súas primeiras compras con tarxeta de débito ou co seu móbil, de forma 100% segura.
Terán Bizum para pedirche diñeiro se xorde algún imprevisto ou para compartir gastos cos amigos.
Se viaxan a outros países, poderán pagar coa súa tarxeta e retirar efectivo sen comisións.
Aprenderán a aforrar con regras automáticas que poderás activar na súa Conta Aforro Metas.
O que non cambiará será a túa tranquilidade
Poderás definir canto gastan coa súa tarxeta, onde a poden utilizar e apagala se a perden.
Recibirás notificacións de todo o que fan: pagamentos con tarxeta, Bizum e retiradas en caixeiros.
Terán bloqueado o pagamento en sectores non aptos para eles como xogos en liña, casinos ou apostas.
Poderás enviarlles a paga á súa Conta Online e manter os seus aforros na súa Conta Metas, que só xestionas ti.
Unha conta para menores que non custa nada
Conta Online e Conta Aforro Metas para Menores
Sen comisión de administración e mantemento das contas, 0% TIN, 0% TAE (calculado para un suposto de saldo positivo diario durante un ano).
Tarxeta Aqua Débito para Menores
Sen comisión de emisión e mantemento.
Por Bizum e transferencias
Transferencias desde bbva.es, app BBVA ou caixeiros dentro do Espazo Económico Europeo.
Por pagamentos con tarxeta en divisa
E por retirar efectivo ata 3 veces ao mes en caixeiros fóra de España.
E que podes abrir en poucos pasos
-
Ten á man o voso DNI/TIE, e o libro de familia ou certificado literal de nacemento.
-
Fai fotos aos vosos documentos e completa os teus datos e os datos do menor.
-
Cando termines, revisaremos todo para identificarvos e comprobar que sodes familia.
Máis de 400.000 familias xa confían no BBVA. Empezamos?
Queres consultar a documentación da conta?
Para non quedares con dúbidas
É importante que coñezas e entendas os documentos que pomos á túa disposición antes da contratación destas contas. Aquí podes consultalos:
IP Conta Online para Menores: documento coa información precontractual, que detalla as condicións entre o BBVA e o titular da conta.
FID Conta Online para Menores: documento informativo sobre as comisións aplicadas pola utilización dos principais servizos asociados á conta de pagamento.
IP Conta Aforro Metas para Menores: documento coa información precontractual, que detalla as condicións entre o BBVA e o titular da conta.
IP Tarxeta Aqua Débito para Menores: documento coa información precontractual que detalla as condicións entre o BBVA e o titular da conta.
Tamén podes consultar a lista de servizos máis representativos asociados a unha conta de pagamento.