Proba BBVA SEN ser cliente
O amor a primeira vista non está feito para os bancos
Por iso non fai falta ser cliente do BBVA para usar a app do BBVA. Comecemos sendo amigos, próbaa e, quen sabe, talvez acabes namorándote co tempo.
Todo isto sendo só amigos
-
Sen ser cliente e gratis
Basta con ser usuario. Créao en menos dun minuto. -
Unha app, todos os bancos
Agrega as túas contas e tarxetas doutros bancos para xestionar e controlar de forma máis fácil e clara o teu diñeiro. -
Simplifica o teu día a día
Consulta de maneira ordenada por categorías os teus ingresos e gastos para mellorar os teus orzamentos.
Con estas funcionalidades, se callar, gustámosche un pouco máis
- Comprar ou alugar? A que prezo? Axudámosche con máis información para tomares mellores decisións con Valora Casas.
- Calcula o que che importa, como o teu salario, o teu consumo de gasolina, etc.
- Controla todas as túas contas e produtos e xestiona todos os teus bancos desde un só lugar co Servizo de Agregación.
Ademais, terás acceso a un lugar para aprender e inspirarte
Accede a todo o contido de Aprendemos Xuntos, o noso proxecto de educación para unha vida mellor, sen necesidade de ser cliente, e funcionalidades exclusivas como poder seleccionar por temas como psicoloxía, ciencia ou saúde e ver os vídeos máis recentes e populares de cada categoría.
Sempre poderás contar coa seguridade do BBVA
Protexeremos sempre os teus datos cando engadas os teus outros bancos e utilices as túas propias claves, porque o Servizo de Agregación cumpre coa Directiva europea de servizos de pagamento (PSD2).
E poderás dispor de descontos que te namorarán
Accederás a promocións en tecnoloxía, restaurantes, viaxes, moda…