BBVA Seguros

Seguro Vida Digital BBVA

Xa dispoñible na nosa app do BBVA.

 

Ilustración dunha man cunha folla

Este seguro só se pode contratar a través da app BBVA

Para facelo, accede ou descarga a app e preme "+" no menú inferior para acceder ao apartado de seguros.

Conta con coberturas e vantaxes como estas:

  • Testamento Online

    E outros servizos adicionais incluídos.
  • Paga mes a mes

    Fracciona en 12 meses e paga mes a mes o recibo co BBVA Plan EstarSeguro.
  • Contratación áxil

    Grazas a un breve formulario cun máximo de 3 preguntas.

BBVA Plan EstarSeguro

Agrupa o pagamento dos teus seguros BBVA, fracciónao sen custo en 12 meses e aforra.
Entra na nosa calculadora e fai o teu propio exemplo cos teus actuais seguros para saber canto poderías aforrar.

As coberturas deste seguro virán detalladas na información que che facilitaremos antes da contratación. É importante que as coñezas, xa que se definirán as situacións e servizos cubertos, así como as limitacións do seguro.

Para dispor de BBVA Plan EstarSeguro hai que contratar a tarxeta BBVA Plan EstarSeguro, sen xuros, comisións nin custos adicionais. Tarxeta de crédito suxeita á aprobación previa do BBVA. A tarxeta BBVA Plan EstarSeguro só se pode utilizar para pagar as primas de certos seguros. Oferta válida ata 31/01/2024. A partir desa data, prorrogarase anualmente sempre que non haxa cambios nas condicións.

Nunha operación de 600 € para satisfacer en 12 meses ao tipo de xuro nominal anual do 0%, o importe total que habería que pagar sería de 600 € en cotas mensuais de 50 €; a TAE, taxa anual equivalente, resultante será do 0 %.

Aseguradora: BBVA SEGUROS, S. A., DE SEGUROS Y REASEGUROS.

Mediador: BBVA MEDIACIÓN, OPERADOR DE BANCA-SEGUROS VINCULADO, S.A., inscrita no Rexistro Administrativo de Distribuidores de Seguros da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións coa clave OV0060. Ten concertado un seguro de responsabilidade civil profesional.