Préstamo TPV en liña
Estás a punto de obter liquidez de forma inmediata
Xa tes a túa liquidez preasignada. Solicita o teu Préstamo TPV en liña de forma flexible, sinxela e rápida*.
- Na túa conta ao momento, sen papelame e sen xustificar o uso.
- Devolvéndoo ao teu ritmo e en función das túas vendas: co 20% da facturación diaria dos teus TPV.
- Só pagas unha comisión de apertura inicial personalizada.
* Contratación unicamente vía web. Accede ao proceso co teu PC.
* Condicións exclusivas para o titular da comunicación. O importe do límite de financiamento estará suxeito á análise previa de rating e solvencia que poida realizar o banco e poderá ser modificado ou eliminado se cambian as circunstancias do cliente. A solicitude, a concesión e o importe máximo estarán suxeitos á aprobación do BBVA.
O prazo máximo de amortización do préstamo é de 150 días. No último día, cargarase na conta de aboamento o importe pendente de amortizar nesa data. Non se poderá volver solicitar un "Préstamo TPV en liña" ata que estea totalmente amortizado o importe prestado con anterioridade.
EXEMPLO: Para un suposto dunha disposición de 20.000 € en que a comisión de apertura inicial personalizada é do 1,60% (320 €) e supondo que o comercio non facturou nada diariamente co seu TPV durante 150 días (prazo máximo), amortizará o préstamo na data de vencemento polo total de 20.000 €. A taxa anual equivalente (TAE) da operación sería (TAE 3,87%); TIN 0%. Calculada segundo o importe efectivo desta e os termos pactados contractualmente, de acordo coa Circular 5/2012, do 27 de xuño, do Banco de España.