Pagamentos para empresas
Os pagamentos do teu negocio sen complicacións… e cando ti decidas!
Aínda non xestionas os teus pagamentos a provedores, impostos, seguros sociais, nóminas e moito máis… de forma cómoda e segura? Empeza hoxe mesmo.
Descubre como xestionalos de maneira eficiente e cómoda
-
Impostos e taxas
-
Seguros sociais
-
Nóminas
-
Transferencias
-
Cheques
-
Confirming
Impostos e taxas
Paga os teus impostos de forma sinxela e:
- Envía as túas autoliquidacións para ingresar ou devolver.
- Consulta os impostos xa pagados e domicilia os teus futuros pagamentos.
- Realiza a presentación telemática dos teus impostos, sen necesidade de certificado electrónico.
Seguros sociais
- Fai o pagamento das túas cotizacións de xeito individual e en liña ou a través de ficheiros (varios pagamentos nun único ficheiro).
- Consulta os pagamentos realizados e obtén os seus xustificantes.
Nóminas
- Emite calquera tipo de nómina incorporando un ficheiro normalizado ou créaas desde o asistente do BBVA empresas ou utilizando o documento Excel que che proporcionamos.
- Visualiza toda a información relevante das túas nóminas desde a páxina de inicio.
- Coñece as túas remesas pendentes e, directamente, finalízaas ou asínaas para a súa execución definitiva.
- Consulta o histórico das túas nóminas emitidas.
- Asegura a confidencialidade dos datos. Configura usuarios e asinantes de nóminas cegas (beneficiario oculto).
Transferencias
- Xestiona e executa os teus pagamentos en euros ou en divisa, de forma urxente ou diferida.
- Programa ordes permanentes.
- Realiza traspasos en liña entre as túas contas.
Cheques
- Envía as túas ordes de pagamento masivas mediante cheque a distintos beneficiarios.
Confirming
- Simplifica os teus procesos de pagamento a provedores co servizo de confirming.
- Emite as túas ordes de forma manual ou incorporando un ficheiro.
- Realiza consultas sobre os teus contratos e solicita un adiamento dos teus vencementos futuros.
Aínda non tes a app BBVA Empresas?
Descárgaa e xestiona os pagamentos do teu negocio facilmente desde calquera lugar.