Solución de cobramento para o teu negocio, agora máis fácil
Queremos axudarche a coidar máis os teus clientes con solucións de cobramento adaptadas a ti.
-
TPV Android + Bono TPV sen custo os 12 primeiros meses
Agora podes cobrar sen custo aos teus clientes, ademais de xestionar integralmente o teu negocio desde calquera lugar.Solicitar
Promoción Bono TPV* cos 12 primeiros meses sen custo para clientes persoas xurídicas con facturación anual inferior a 5 millóns de euros/ano que contraten un TPV Android (ou calquera outro TPV físico, ou un TPV virtual) antes do 31/12/2025. Promoción válida para as modalidades de Bono 6 (só con TPV Smartpay), Bono 10 (para TPV físico ou virtual), Bono 15 (só para TPV físico), Bono 20 (só para TPV físico) e Bono 30 (só para TPV físico). * (O Bono TPV é unha tarifa plana consistente no pagamento dunha cota fixa mensual durante 12 meses prorrogables anualmente. Inclúe o desconto de todas as operacións procesadas polo TPV con tarxetas Visa e MasterCard, agás tarxetas B2B, así como a comisión de mantemento dun terminal). Para o segundo e os seguintes terminais a comisión será de 5 € ao mes por cada un se é activo ou de 25 € ao mes se é inactivo, é dicir, se transcorren 2 meses sen realizar ningunha operación. Ás operacións con tarxetas B2B, e con calquera outra tarxeta ou método de pagamento diferente de Visa e MasterCard, aplícaselles o % de desconto ou custo fixo que corresponda.