BBVA Allianz Multiseguro Empresarial

Un seguro para emprendedores que queren alcanzar éxitos empresariais

Síntete protexido sexa cal for o teu risco agropecuario: explotacións agrarias, explotacións de todo tipo de gando, granxas avícolas e casas de labranza.

Produto sinxelo, flexible e con amplas coberturas que te acompañan cando máis o necesitas.

Bens que se aseguran:

    • Edificación, conxunto de construcións e instalacións dedicadas á explotación agropecuaria.
    • Gasóleo, gasolina, produtos fitosanitarios, forraxe ou palla.
    • Utensilios, mobles, ferramentas… propios da explotación agraria.

Protéxete ante as situacións máis comúns (garantías básicas):

    • Incendio, explosión e caída de raio. Gastos derivados (intervención dos bombeiros, demolición, salvamentos, limpeza, peritos, obtención de permisos, intervención facultativa de enxeñeiros, arquitectos…).
    • Acción da auga e fenómenos atmosféricos.
    • Rotura de cristais. Inclúe letreiros, carteis, louza e mostradores de pedra.
    • Fenómenos eléctricos. Avaría de equipos eléctricos.
    • Rotura de maquinaria.
    • Bens refrixerados e derramamento de mercadorías.
    • Responsabilidade civil (inmobiliaria, locativa, explotación, patronal, produtos…).

E para aqueles que precisan complementar as garantías básicas, están dispoñibles as seguintes coberturas optativas:

    • Incendio de vehículo; inclúense remolques e caravanas.
    • Roubo. Utensilios, mercadorías, bens do campo, elementos pertencentes á edificación e diñeiro.
    • Lucro cesante. Importante para que a túa conta de perdas e ganancias non se vexa prexudicada. Trátase dunha prestación derivada da interrupción do negocio como consecuencia dun sinistro cuberto.
    • Reposición do gando que morra ou desapareza como consecuencia dun accidente.