Agropréstamo campaña para a mocidade

Financia os gastos de cultivo ou cría de animais

Tes que ter 40 anos ou menos (feitos en 2025).

  • Tipo de xuro: 0 %.
  • Comisión de apertura: 2,5%.
  • TAE ao 2,797%.
  • Ata 11 meses con amortización ao vencemento.

Como funciona o Agropréstamo campaña?


  • Solicita un agropréstamo campaña para cubrir gastos de cultivo, como a adquisición de sementes, fertilizantes ou fitosanitarios, ou cría do teu gando (penso, forraxe etc.) polo importe que precises para cubrir total ou parcialmente estes gastos, e amortízao cando recollas a colleita ou vendas o gando.

    Ao 0% de xuro, e comisión de apertura do 2,5% e 2,797% TAE Terás de prazo ata a recolleita ou venda do gando cun prazo máximo de 11 meses.

    Cun exemplo, seguro que o verás máis claro

    Exemplo para un préstamo de 20.000 € contratado o 15/04/2025 con amortización total o 15/03/2026.

    • Prazo: 11 meses con amortización ao vencemento.
    • TIN desde o 0%.
    • TAE desde o 2,797%.
    • Comisión de apertura: 500 €.
    • Comisión de estudo: 0 €.
    • Total para pagar: 20.500,00 €.

Que condicións tes que cumprir para o Agropréstamo campaña?


  • Para solicitar o Agropréstamo campaña para a mocidade tes que ser gandeiro ou agricultor titular dunha explotación.

    * Produto contratable para negocios con facturación inferior a 5 millóns de euros.

Necesitas máis información?

Agropréstamo campaña mocidade
Solicitar