Transferencias inmediatas BBVA

Hai pagamentos no noso día a día que non poden esperar: con Transferencias inmediatas envías diñeiro nun intre e recíbeno ao momento* por só 1,25 €.

Cando che pode vir ben facer unha transferencia inmediata?

  • Reservar un piso

    Cando tes que pagar a reserva do piso que acabas de encontrar.
  • Comprar un coche

    Se acabas de comprar un coche e tes que pagar a entrada hoxe.
  • Pagar a viaxe

    O día en que tes que pagar a viaxe que con tanta ilusión organizaches.
  • Devolver un diñeiro

    Ou se tes que devolver un diñeiro que che prestaron.

Realizar unha transferencia inmediata é moi simple

Sigue estes pasos:
  • Accede á túa área privada.
  • Fai clic na posición global.
  • Realiza unha transferencia.
  • E… se a fas xa, recíbela xa.
* Actualmente, é posible realizar transferencias inmediatas ás entidades bancarias adheridas dentro do ámbito SEPA (en inglés, Single Euro Payment Area). Isto inclúe a maioría dos bancos nos 28 países da UE canda Islandia, Liechtenstein, Noruega, Mónaco, San Marino e Suíza. Máis información en bbva.es.