BBVA para non clientes
Explora a app do BBVA
Descubre a nosa app e todas as funcionalidades máis destacadas do banco aínda que non sexas do BBVA. Gratis, sen compromiso e coa maior seguridade.
Sorprenderache que unha app así sexa para non clientes
Compróbao! Só tes que rexistrarte nuns minutos para accederes a todo isto.
-
Ferramentas para as túas xestións, como pedir cita, pagar recibos, compartir gastos ou agregar bancos para ver as túas finanzas.
-
Servizos para axudarche en momentos concretos, como a tramitación de herdanzas ou o seguimento da túa solicitude de hipoteca en Espazo Hipoteca.
-
Outras experiencias no BBVA, como acceder a Aprendemos xuntos, a descontos en marcas ou ás promocións do banco.
Poderás pedir cita para falar co BBVA sen esperas
- Faino desde a app, en poucos pasos.
- Indicarémosche cando é a túa próxima cita e se é por teléfono ou na oficina.
- Poderás modificala se o precisas.
Terás funcionalidades para as túas xestións do día a día
Agrega os teus bancos á app para teres unha visión de todos os teus produtos e da túa situación financeira.
Con BBVA Valora poderás acceder a información relevante e tomar mellores decisións.
Paga os teus recibos non domiciliados con facilidade e de forma gratuíta.
Calcula o teu soldo neto mensual ou bruto anual ou o teu gasto en gasolina no caso de que viaxes.
Contarás con solucións que te acompañarán cando as necesites
E poderás seguir descubrindo o BBVA cada día
Con Aprendemos xuntos poderás escoitar persoas que nos inspiran a construír unha vida mellor.
Aproveita as nosas ofertas e descontos directos en marcas de diferentes categorías.
Accede aos produtos e servizos BBVA e coñece as nosas promocións antes ca ninguén.
Descubre as funcionalidades máis valoradas, por se queres dar o paso e facerte do BBVA.
Non necesitas ser cliente para empezares a coñecernos
Máis de 200.000 persoas xa se rexistraron e gozaron da app sen ser clientes.
Resolvemos as túas dúbidas
* BBVA Valora é un servizo do Grupo BBVA que está constituído por cinco ferramentas: canto pode custar, como é o barrio (titularidade de Madiva Soluciones, S.L.), como facer os teus números, gastos da túa casa e Comprar ou Alugar (titularidade de BBVA, S.A.).
** O servizo "Promocións en Comercios do teu interese" é prestado por BBVA SERVICIOS SAU ("BBVA SERVICIOS") con domicilio en Madrid, c/ Azul 4, CP: 28050 e CIF A28486660. Para as incidencias relacionadas con este servizo pódeste dirixir aos teléfonos de atención ao cliente 902 470 902 ou 918 360 396.