Sé un dos primeiros en probar o TPV móbil
A nova funcionalidade de SmartPay que che permitirá cobrar con tarxeta só co móbil.
Por que utilizar no teu negocio o cobramento TPV Móbil?
-
Novidade
Porque serás pioneiro en ofrecer aos teus clientes unha nova forma de pagamento con tarxeta -
Seguridade e sinxeleza
Porque terás unha solución segura e sinxela de cobramento dentro da app SmartPay, mantendo o resto de funcionalidades da app. -
Flexibilidade
Porque non necesitarás outros dispositivos para cobrar aos teus clientes con contactless, só o teu móbil Android.
Que vantaxes obterás por apuntarte ao piloto TPV Móbil?
-
Welcome Pack de benvida
Facilitarémosche información e elementos que identifiquen que o teu negocio admite esta nova forma de cobrar aos teus clientes. -
Tarxeta regalo de El Corte Inglés de 50 €
Por participares no noso piloto e darnos a túa opinión a través de varias enquisas, regalámosche unha tarxeta de El Corte Inglés por valor de 50 €*.
Queres participar no noso piloto TPV Móbil?
Axúdanos cobrando aos teus clientes con esta funcionalidade. Durante ese tempo enviarémosche tres sinxelas enquisas para que nos digas como está a ser a túa experiencia e unha final para podermos recoller as túas opinións e, así, mellorar.
Queres saber que tes que facer para participar?
Inscríbete
Completa o formulario de inscrición: contactaremos contigo por correo electrónico para avisarte de cando comezará o piloto. Tes para apuntarte ata 5 de abril de 2022.Actualiza a túa app SmartPay
Cando te avisemos, para poder comezar a cobrar, só terás que entrar na app SmartPay que xa estás a utilizar e actualizar a versión.Acepta termos e condicións
Lembra aceptalos ao entrar de novo na aplicación.Todo listo
Xa poderás comezar a pagar coa funcionalidade TPV Móbil a través de SmartPay.* O incentivo entregarase ao finalizar o piloto sempre que se participase activamente nel mediante o uso da solución, cun mínimo de 2 ou 3 cobramentos á semana (mínimo 10 cobramentos ao mes) e a resposta ás enquisas enviadas.
Precisas de axuda?
Se tes calquera dúbida, podes pórte en contacto connosco en:
- Teléfono: 91 224 98 07
- Enderezo electrónico: bbvasmartpay.es@bbva.com
Deseñamos produtos e ferramentas para simplificar o día a día no teu negocio
E, ademais, garantimos a túa seguridade.
Unha solución na que, grazas á colaboración activa con Visa e MasterCard, se garanten os cobramentos coa mesma seguridade que os terminais punto de venda (TPV) físicos, xa que se cumpren os estándares de seguridade de datos para a industria de tarxeta de pagamento (PCI) que permiten utilizar ‘smartphones’ con tecnoloxía NFC como TPV.
Lembras todo o que che ofrece SmartPay?
Non o esquezas
- Poderás cobrar desde o móbil sen necesidade de teres un lector externo.
- Pagamento a través de tecnoloxía contactless.
- Poderás enviar aos teus clientes o tícket de compra por correo electrónico.
- Recibirás o ingreso das túas vendas ao día seguinte.
- Terás como ata agora informe de vendas, historial de operacións, que se integra no teu panel de negocio desde My Business.