Tarxetas Aqua

Queres comprar en modo seguro?

As únicas tarxetas cun código de seguridade diferente para cada compra.

Sorprenderate a súa forma de protexerte

  • Máis segura. Nin o número da tarxeta nin o código CVV están impresos sobre ela. Só ti poderás consultar os seus datos desde a túa app BBVA.
  • CVV dinámico. Cada vez que vaias pagar algo en Internet, obterás desde a app BBVA un código CVV exclusivo para confirmares esa operación durante uns poucos minutos.

Controla a túa tarxeta desde a app

  • Apaga e acende a túa tarxeta cando queiras. Non atopas a túa tarxeta Aqua? Fóra estrés, simplemente apágaa desde a app BBVA e volve acendela cando apareza.
  • Ten ben controlados todos os teus pagamentos. Enviarémosche unha notificación cada vez que uses a túa tarxeta. Se algunha vez pasa algo raro, vas sabelo axiña.

Interésache?

Consigue a Tarxeta Aqua de forma 100 % en liña

Aproveita as vantaxes da túa tarxeta cando viaxes

Coa túa tarxeta Aqua tamén poderás activar e desactivar cando queiras o novo Paquete Viaxes desde a app, co que poderás pagar e sacar diñeiro aforrando comisións no estranxeiro.