NIVEL DE RISCO
1/6

Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco.

O BBVA está adherido ao Fondo de Garantía de Depósitos de Entidades de Crédito de España. A cantidade máxima garantida é de 100.000 € pola totalidade de depósitos constituídos no BBVA por persoa.

Conta Online sen comisións

É moi de ti tirar partido ao teu banco por 0 €

  • Ademais do que xa tes no BBVA, disporás da Conta Online Sen Comisións e da túa Tarxeta Aqua Débito por 0 €.
  • E podes sumar ata 760 € nun ano por faceres o habitual: enviar un Bizum, usar a tarxeta, pagar recibos ou traer a túa nómina. Canto máis uses a túa conta, máis gañas!

Introduce este código ao abrires a túa conta antes do 08/01/2026:

Copiar código PLAN760

En poucos minutos, só para novos clientes.

Ata 760 € por usares a túa conta como unha conta

  • +120 € con Bizum

    Envía diñeiro ou fai pagamentos con Bizum e gaña ata 10 €/mes.
  • +120 € coa túa tarxeta

    Paga coa túa Tarxeta Aqua Débito e gaña ata 10 €/mes.
  • +120 € polos teus recibos

    Trae recibos de luz, gas, Internet ou teléfono e gaña ata 10 €/mes.
  • +400 € pola túa nómina

    Domicilia a túa nómina de polo menos 800 € e gaña 33,33 €/mes.

E é moi do BBVA que che custe cero vir

Conta sen comisións e sen necesidade de traer a nómina. 0% TIN 0% TAE.

Tarxeta Aqua Débito sen comisións, lista para usar.

Transferencias en liña e retiradas de efectivo sen custo.

Que o teñas todo listo para empezar

Guiámoste para estreares a conta e a tarxeta ao momento.

Traemos por ti o que teñas noutros bancos, gratis.

Tes o Bizum máis completo e transferencias inmediatas sen custo.

Se tes dúbidas, podes preguntar ao noso equipo ou ao teu asistente virtual.

Que poidas pagar con seguridade…

A túa tarxeta ten un CVV dinámico que se xera con cada compra.

Se hai alguén mirando a túa pantalla, actívase o modo discreto para protexer os teus datos.

Podes pagar máis rápido desde a pantalla de inicio da app, coa cara ou coa impresión dixital.

Se detectamos un cargo pouco usual na túa conta, avisámoste decontado.

… e con liberdade para escoller

Ao momento

Se pagas coa Tarxeta Aqua Débito, o cargo descontarase instantaneamente da conta.

Máis tarde

Ao abrir a conta poderás conseguir a tarxeta de crédito Aqua Más sen comisións e cun 2% de devolución nas túas compras.

Cando queiras

Co servizo para fraccionar gastos, se o tes dispoñible na conta. Agora, o primeiro fraccionamento non ten custo.

Coa túa Aqua Más, pagas un 2% menos

Ao abrires a conta verás se tes dispoñible a tarxeta de crédito Aqua Más. Tela e quérescha quedar? Devolverémosche o 2% das compras que fagas con ela o primeiro ano, sen límite de importe.

Como funciona

Coa túa Aqua Más, pagas un 2% menos

Ao abrires a conta verás se tes dispoñible a tarxeta de crédito Aqua Más. Tela e queres quedar con ela? Devolverémosche o 2% das compras que fagas con ela o primeiro ano, sen límite de importe.

Porque é moi do BBVA avanzar contigo

Adestra as túas finanzas co noso Coach Financeiro e alcanza os teus obxectivos.

Organiza os teus gastos comúns cunha Segunda Conta Sen Comisións.

Descubre se che convén máis alugar ou comprar con BBVA Valora.

Conecta toda a familia coa Conta para Menores.

E darche todo isto sen comisións nin compromiso

Tarxeta Aqua

A conta inclúe unha tarxeta de débito sen comisión de emisión e mantemento para cada titular.

Por transferencias

Desde bbva.es, app BBVA ou caixeiros, dentro do Espazo Económico Europeo.

Por retirar efectivo

Retirar efectivo a débito con tarxeta en máis de 4.500 caixeiros BBVA en España.

Abre a túa conta en poucos pasos

  • Escolle se a conta é para ti ou a vas compartir con alguén máis.

  • Tira fotos ao teu DNI/TIE e identifícate por videochamada.

  • Completa os teus datos e crea a túa clave de acceso.

  • Asina o contrato coa SMS que recibas.

Queres consultar a documentación da conta?

Tela na sección de dúbidas

Algunhas dúbidas que che poden xurdir

Documentación da conta

É importante que coñezas e entendas os documentos que pomos á túa disposición antes da contratación desta conta. Aquí podes consultalos:

Comisións por descuberto tácito. Se nalgún momento a túa conta queda ao descuberto (por exemplo, chega un recibo e non tes saldo suficiente), aplicaranse as seguintes comisións:

  • Tipo de xuro anual por descuberto tácito: 7,25 % TIN.
  • Comisión por descuberto tácito na conta: 4,50 % (importe mínimo 15 €).

A TAE resultante de aplicar os xuros debedores e a comisión de descuberto está limitada legalmente para o "consumidor" e non pode superar 2,5 veces o xuro legal do diñeiro. Calquera modificación do tipo de xuro legal do diñeiro suporá un cambio automático na TAE aplicada nos descubertos.

Conta Online sen comisións
Abre a túa conta