Conta Online sen comisións
É moi de ti tirar partido ao teu banco por 0 €
-
Ademais do que xa tes no BBVA, disporás da Conta Online Sen Comisións e da túa Tarxeta Aqua Débito por 0 €.
- Poderás aforrar comisións ao pagar en moeda distinta ao euro e retirar efectivo en caixeiros no estranxeiro.
Que o teñas todo listo para empezar
Guiámoste para estreares a conta e a tarxeta ao momento.
Traemos por ti o que teñas noutros bancos, gratis.
Tes o Bizum máis completo e transferencias inmediatas sen custo.
Se tes dúbidas, podes preguntar ao noso equipo ou ao teu asistente virtual.
Que poidas pagar con seguridade…
A túa tarxeta ten un CVV dinámico que se xera con cada compra.
Se hai alguén mirando a túa pantalla, actívase o modo discreto para protexer os teus datos.
Podes pagar máis rápido desde a pantalla de inicio da app, coa cara ou coa impresión dixital.
Se detectamos un cargo pouco usual na túa conta, avisámoste decontado.
Tarxeta Aqua Débito
Poderás aforrar vaias onde vaias
Vas de viaxe e queres reducir gastos? Se tes menos de 30 anos, dispós do Pack Viajes Estándar gratis na túa Tarxeta Aqua Débito con estas vantaxes:
- Pagar en calquera moeda e retirar efectivo sen comisións en caixeiros internacionais, mesmo nas fins de semana.
- Conseguir descontos para as túas viaxes: 20% en Ruralka, 15% en Iryo, 15% en alugamento de coches e 5% en axencias.
Esta promoción está dispoñible só para novos clientes. Se queres saber máis, descarga estas bases legais.
Porque é moi do BBVA avanzar contigo
Adestra as túas finanzas co noso Coach Financeiro e alcanza os teus obxectivos.
Organiza os teus gastos comúns cunha Segunda Conta Sen Comisións.
Descubre se che convén máis alugar ou comprar con BBVA Valora.
Conecta toda a familia coa Conta para Menores.
E darche todo isto sen comisións nin compromiso
Conta Online sen comisións
Sen comisión de administración e mantemento da conta, 0% TIN, 0% TAE (calculado para un suposto de saldo positivo diario durante un ano).
Tarxeta Aqua
A conta inclúe unha tarxeta de débito sen comisión de emisión e mantemento para cada titular.
Por transferencias
Desde bbva.es, app BBVA ou caixeiros, dentro do Espazo Económico Europeo.
Por retirar efectivo
Retirar efectivo a débito con tarxeta en máis de 4.500 caixeiros BBVA en España.
Abre a túa conta en poucos pasos
-
-
Tira fotos ao teu DNI/TIE e identifícate por videochamada.
-
Completa os teus datos e crea a túa clave de acceso.
-
Asina o contrato coa SMS que recibas.
Queres consultar a documentación da conta?
Algunhas dúbidas que che poden xurdir
Documentación da conta
É importante que coñezas e entendas os documentos que pomos á túa disposición antes da contratación desta conta. Aquí podes consultalos:
IP Conta Online e servizo para fraccionar gastos: documento coa información precontractual, que detalla as condicións entre o BBVA e o titular da conta.
FID Conta Online: documento informativo sobre as comisións aplicadas pola utilización dos principais servizos asociados á conta de pagamento.
Podes consultar a lista de servizos máis representativos asociados a unha conta de pagamento.
IP Tarxeta Aqua Débito: documento coa información precontractual que detalla as condicións da tarxeta de débito que inclúe a conta.
Comisións por descuberto tácito
Se nalgún momento a túa conta queda ao descuberto (por exemplo, chega un recibo e non tes saldo suficiente), aplicaranse as seguintes comisións:
- Tipo de xuro anual por descuberto tácito: 7,25 % TIN.
- Comisión por descuberto tácito na conta: 4,50 % (importe mínimo 15 €).
A TAE resultante de aplicar os xuros debedores e a comisión de descuberto está limitada legalmente para o "consumidor" e non pode superar 2,5 veces o xuro legal do diñeiro. Calquera modificación do tipo de xuro legal do diñeiro suporá un cambio automático na TAE aplicada nos descubertos.