E para a súa autonomía e a túa tranquilidade terán:

Unha conta para menores coa súa propia app

Deseñada á medida das súas necesidades para que poida aprender a ser máis independente, sempre coa túa supervisión. Con ela poderá:

  • Seguir o seu saldo en tempo real.
  • Pagar coa súa tarxeta a través do móbil.
  • Retirar diñeiro nos caixeiros BBVA a través de "Efectivo móbil".

Bizum, para desactivar as túas preocupacións

Actívao na app e axúdalle a aprender a xestionar, recibir e enviar diñeiro:

  • Poderá solicitarche diñeiro se lle xorde calquera imprevisto (pagar o autobús ou o tren se está de viaxe ou estudando fóra…).
  • Enviar ou recibir diñeiro cando o necesite.
  • Compartir gastos cos seus amigos facilmente.

A súa propia Tarxeta Aqua Débito para o día a día

Unha tarxeta física ou virtual para que poida gañar autonomía e aprender pouco a pouco a xestionar o seu diñeiro
  • Coa que poderá pagar de forma segura en tendas, restaurantes e Internet ou retirar efectivo en caixeiros BBVA, cun límite de gastos predefinido.
  • Que poderá levar no móbil e apagala ou acendela desde a súa app en caso de perda.
  • E que ti poderás controlar, porque poderás ver os seus movementos e recibir notificacións de todo o que faga na túa app.