Pagando ao mes unha cantidade fixa

  • Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 23 € (1), que se suma ao capital e se paga na súa totalidade na primeira cota.

    • TIN: 17,52 % anual.
    • Límite de crédito 1.500 €.

    Pagamento a prazos por unha cantidade fixa mensual: cada mes pagarás unha cantidade fixa mensual que inclúe capital, xuros e comisións. O importe mínimo mensual é de 12 € e poderá escoller calquera cantidade superior. 

    Se elixes unha cota fixa como forma de pagamento, a data de pagamento do recibo será o día 5 do mes seguinte á liquidación e o límite de crédito da túa tarxeta será de 1.500 €. Ademais, se realizas unha única compra por este importe o mesmo día no que contratas a tarxeta (por exemplo, o 1 de maio), ao tipo de xuro nominal anual do 17,52 % e cunha cota mensual de 150 € (que comprende capital, xuros e comisións), informámoste de que pagarás:

    • 11 cotas de 150 €. A primeira cota inclúe o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 23 €, pola que amortizas un capital menor ao do importe total disposto. Esta comisión liquídase o día 20 de cada mes. 
    • Unha última cota de 14,42 €.
    • O importe total que haberá que pagar será de 1.664,42 € e a TAE resultante será do 22,59 %.

    A data de liquidación da cota mensual é o día 20 de cada mes, pero se elixiches pagar o recibo o día 5 pagarás xuros pola devandita cota da data de liquidación á de pagamento. 

    Se non tiveses que pagar a comisión anual por emisión e mantemento da tarxeta de crédito, o importe total que deberías pagar en 12 meses sería de 1.642,04 € (11 cotas de 145 euros e unha última de 47,04 euros) e a TAE do 18,95 %

    A cantidade fixa mensual non poderá ser inferior ao 3 % do saldo disposto que reflicta o extracto da "conta de tarxeta de crédito" antes da liquidación, máis os xuros xerados e as comisións correspondentes durante o período mensual de liquidación correspondente.

Pagamento personalizado

  • Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 23 € (1).

    Este sistema permítelle adiar o pagamento do importe dunha compra realizada coa tarxeta ou o saldo disposto da súa tarxeta despois da liquidación mensual, sempre que sexa igual ou superior a 50 €. O importe das cotas será unha cantidade fixa (que inclúe capital e xuros) e que dependerá do prazo que escolla, dentro dun mínimo de 7 cotas e un máximo de 36. Os pagamentos personalizados liquídanse no último día hábil de cada mes. 

    Pagamento personalizado con xuros 

    Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 23 € (1)

    TIN: 18 % anual 

    Límite de crédito 1.500 € 

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 € e realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 12 meses, informámolo/a do que pagará:

    a primeira cota será de 45,93 euros, inclúe só xuros e o importe íntegro da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito que é de 23 €.

    As seguintes 11 cotas serán de 148,94 euros cada unha.

    O importe total que haberá que pagar será de 1.684,27 euros e a TAE resultante será do 22,91 %

    Se non tivese que pagar a comisión anual por emisión e mantemento da tarxeta de crédito (consulte as condicións), o importe total que tería que pagar en 12 meses sería de 1.661,27 € e a TAE sería do 19,63 %

    Pagamento personalizado con comisión

    Comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito de 23 € (1) 

    Comisión por adiamento: 2,9%, 3,6% 4,3% ou 5% sobre o importe adiado segundo o prazo escollido en 3, 4, 5 ou 6 meses. 

    Límite de crédito 1.500 € 

    A seguir detállanse os exemplos do pagamento personalizado con comisión de 3 a 6 meses, xa que representan as TAE máximas e mínimas respectivamente. O TIN en todos os casos é 0 %. 

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 €, realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 6 meses, informámolo/a do que pagará: 

    A primeira cota será de 348 euros e inclúe a parte correspondente de capital, a comisión de xestión de adiamento, que é do 5 % do importe financiado, e o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta de crédito, que é de 23 €.

    As seguintes 5 cotas serán de 250 euros cada unha. 

    O importe total que haberá que pagar será de 1.598 € e a TAE resultante será do 25,77 %

    Se non tivese que pagar a comisión anual por emisión e mantemento da tarxeta de crédito (consulte as condicións), o importe total que tería que pagar en 6 meses sería de 1.575,00 € e a TAE sería do 19,07 %

    Se o límite de crédito da súa tarxeta é de 1.500 €, realiza unha compra pola totalidade do límite no mesmo día en que contrata a tarxeta (por exemplo no día 1 de maio) e escolle pagalo en 3 meses, informámolo/a do que pagará: 

    A primeira cota será de 566,50 euros e inclúe a parte correspondente de capital, a comisión de xestión de adiamento, que é do 2,9 % do importe financiado, e o importe total da comisión anual por emisión e mantemento dunha tarxeta, que é de 23 €. 

    As seguintes 2 cotas serán de 500 euros cada unha. 

    O importe total que haberá que pagar será de 1.566,50 € e a TAE do 30,89 %

    Se non tivese que pagar a comisión anual por emisión e mantemento da tarxeta de crédito (consulte as condicións), o importe total que tería que pagar en 3 meses sería de 1.543,50 € e a TAE do 19,23 %

    Este sistema é de aplicación específica a cada liquidación concreta para o que se solicitase.

    (1) Consulta os requisitos para a exención da comisión anual por emisión e mantemento no teu contrato de conta.