Que cobre?

  • Protección para os teus bens
    • Atraco fóra da vivenda. 
    • Subtraccións dentro da vivenda (roubo ou furto).
    • Danos causados ao contido nun roubo. 
    • Bens refrixerados ou conxelados cando, por un feito cuberto, se produza unha avaría no electrodoméstico ou subministración eléctrica.
    • Bens asegurados na vivenda alugada que fosen trasladados a outra vivenda temporal.
    • Danos causados pola electricidade (subida de tensión ou corrente).
    • Uso fraudulento de tarxetas de crédito nas primeiras 24 horas.
    • Gastos de reposición de documentos danados por un risco cuberto.
    Protección para ti
    • Responsabilidade civil dentro da vivenda: indemnizaremos ao propietario polos posibles danos accidentais que poidas causar como inquilino.
    • Responsabilidade civil extracontractual: ata 200.000 € para cubrir a responsabilidade polos posibles danos que causes a terceiros, no ámbito da túa vida privada (exclúese a actividade laboral ou profesional).
    Protección para o inmoble
    • Substitución de pechadura por subtracción de chaves (roubo ou furto).
    • Vivenda de substitución (gastos en hotel, alimentación e lavandaría, ata 7 días).
    • Garantía especial por danos á vivenda:
      • Incendio, explosión e caída de raios.
      • Inundación e danos por líquidos.
      • Chuvia abundante, vento forte, pedrazo ou neve.
      • Rotura de cristais, vidro, mármore, louza sanitaria e vitrocerámica. 
      • Ondas ou impactos desde o exterior. 
      • Danos na vivenda causados por electricidade (subidas de tensión ou corrente).
    • Gastos de restauración estética.