Tamén contarás con servizos adicionais

    • O Servizo Manitas (91 836 20 90) axúdate en pequenas tarefas de bricolaxe na casa (máximo 6 horas ao ano distribuídas en 3 veces).
    • Asistencia informática en liña e a domicilio: resolvémosche as dúbidas relacionadas cos teus ordenadores, tabletas ou smartphones. Podes consultar toda a información no Portal de Asistencia Tecnolóxica.
    • Servizo de mantemento por uso e deterioración, para axudarte cos pequenos arranxos do día a día. 
    • Aboamento nas nosas oficinas dos gastos derivados de sinistros por:
      • Rotura de cristais, danos por auga e incendio, por un importe máximo de 1.500 €.
      • Danos de bens refrixerados por un importe máximo de 600 €. 

    Por exemplo, se se che estraga o conxelador e perdes a compra, podes traernos a factura ás nosas oficinas e aboarémoscha ao momento. O importe da factura debe ser inferior a 600 €. Deben pasar polo menos 3 meses desde que contrataches o teu seguro e desde o cobramento do anterior sinistro que puideses ter. 

    E porque nunca se sabe cando podes necesitarnos, gozarás dun servizo especial en caso de sinistro, que responderá á túa chamada de forma rápida, áxil e eficaz: atención 24 horas, os 365 días do ano en caso de sinistro. 

    Tamén podes contratar outros dous servizos

    • Servizo de reparación de avaría liña branca para lavadora, lavalouza ou neveira. 
    • Servizo express: acudiremos aínda máis rápido no caso de que se produza un sinistro no teu fogar. Se non cumprimos, na próxima renovación anual devolvémosche o importe da prima do teu seguro correspondente a este ano.