Coñece Quality Funds

A área do BBVA especializada na selección de fondos internacionais.

Quality Funds nace en 2001 como a área do BBVA especializada en comparar, seleccionar e monitorizar os fondos máis destacados de xestoras internacionais líderes a nivel mundial.

Para iso, contamos cunha metodoloxía de selección diferencial e un amplo equipo de expertos profesionais con dilatada experiencia.

O acceso ás mellores xestoras do mercado e o gran coñecemento dos fondos seleccionados e das tendencias da industria permítennos pór unha selección destas a disposición dos clientes do BBVA.

Coñece o que Quality Funds pode facer por ti e aprende todo o que necesitas para poderes tomar decisións sobre como investir en fondos internacionais da man do BBVA.