Servizo de Traslado de Contas

Cambia os servizos asociados a unha conta de pagamento dunha entidade a outra en España, dentro da mesma entidade, e facilita a apertura transfronteiriza de conta dentro da UE.

Servizo aplicado entre distintas entidades en España.

E tamén entre contas dunha mesma entidade.

Traslado das ordes permanentes de transferencias.

As transferencias entrantes periódicas e os cargos domiciliados.

Abre unha conta noutro país da Unión Europea.

Facilitámosche a información dos teus servizos.

Características principais

  • Servizo gratuíto a clientes consumidores.
  • Para iniciar a solicitude de traslado debes ter aberta ou abrir unha conta no BBVA e asinar unha solicitude de traslado (1)
  • Os servizos que se poden trasladar son: ordes permanentes de transferencia, transferencias entrantes periódicas e cargos domiciliados.
  • Podes solicitar a cancelación da conta antiga previo traslado do saldo dispoñible á nova, sen custo ningún.
  • Encargámonos de solicitar a información necesaria á entidade propietaria da conta.
  • Unha vez recibamos a información encargarémonos de:
    • Establecer as ordes permanentes de transferencias desde a túa conta e da súa execución a partir da data especificada na autorización.
    • Aceptación dos cargos domiciliados a partir da data especificada na solicitude. 
    • Comunicación aos ordenantes de transferencias entrantes periódicas.
    • Comunicación aos beneficiarios de cargos domiciliados.
    • Podémosche facilitar modelos de carta para utilizares no caso de que decidas proporcionar ti mesmo a información aos ordenantes de transferencias e beneficiarios de cargos.
  • A conta antiga deberá ter o saldo suficiente ata que todo o proceso se complete.

(1) Necesítase a sinatura de todos os titulares da conta que se vai trasladar.

Como podo facer a solicitude?

  • Descarga o seguinte formulario de autorización, completa a solicitude e entrégaa asinada na túa oficina BBVA.
  • No formulario debes especificar:
    • IBAN da conta de orixe.
    • IBAN da conta de destino.
    • Selección dos servizos que queres trasladar, opcións que debe executar a entidade propietaria da conta (provedor transmisor) e opcións que debe executar o BBVA (provedor receptor).
    • Data de execución do traslado: non poderá ser inferior a 13 días hábiles a partir da data de entrega da solicitude.
    • Nome e apelidos, NIF e sinatura de todos os titulares.

Características principais

  • Servizo gratuíto a clientes consumidores.
  • Os servizos que se poden trasladar son: ordes permanentes de transferencia, transferencias entrantes periódicas e cargos domiciliados.
  • Podes solicitar a cancelación da conta antiga previo traslado do saldo dispoñible á nova, sen custo ningún.
  • Unha vez recibamos a información encargarémonos de:
    • Establecer as ordes permanentes de transferencias desde a túa conta e da súa execución a partir da data especificada na autorización.
    • Aceptación dos cargos domiciliados a partir da data especificada na solicitude. 
    • Comunicación aos ordenantes de transferencias entrantes periódicas.
    • Comunicación aos beneficiarios de cargos domiciliados.
    • Podémosche facilitar modelos de carta para utilizares no caso de que decidas proporcionar ti mesmo a información aos ordenantes de transferencias e beneficiarios de cargos.

Como podo facer a solicitude?

  • Descarga o seguinte formulario de autorización, completa a solicitude e entrégaa asinada na túa oficina BBVA.
  • No formulario debes especificar a data de execución do traslado.

Características principais

  • Servizo gratuíto a clientes consumidores que queiran abrir unha conta no estranxeiro dentro da Unión Europea.
  • Facilitarémosche de forma gratuíta unha lista da totalidade das ordes permanentes de transferencia vixentes, das transferencias periódicas entrantes e dos cargos domiciliados efectuados na conta nos trece meses precedentes.
  • Podes solicitar a transferencia do saldo remanente da túa conta á conta de pagamento do país de destino e a cancelación da conta. Para facelo, é imprescindible que na solicitude inclúas o IBAN correspondente. Lembra que para podela cancelar é requisito non ter obrigas pendentes con cargo a esa conta de pagamento. Informarémoste cando as obrigas pendentes impidan o peche da conta.

Como podo facer a solicitude?