Carné Internacional Estudante ISIC

Próbao gratis o primeiro ano, sen compromiso

O primeiro ano sairache gratis coa túa Conta Online para mozos. E se che gustan os seus descontos poderás renovalo, só se queres, por 7 € ao ano.

Consulta as condicións da promoción

Podes acceder a ofertas novas cada tempada

Os descontos cambian cada certo tempo, para non te aburrires. Agora, os máis populares son:

  • Subscricións: 50 % en Spotify e 2 meses gratis en HBO, Disney+ e Amazon Prime.
  • Tecnoloxía: 40 % en Samsung, 10 % en Apple ou 2 meses gratis en Adobe Creative Suite.
  • Mobilidade: 20 % en Renfe, 15 % en Alsa e ofertas en Cabify, Free2move, Lime, etc.
  • Restaurantes: ofertas en KFC, Burger King, Domino's, Telepizza, VIPS, etc.
Tamén aforras cando viaxas a outros países

Podes reservar con desconto en Booking, Spotahome ou cadeas de hoteis, comprar voos por menos e aforrar en todas as atraccións turísticas.

Se o queres, conseguilo é fácil

Cando abres a túa Conta Online para mozos, o BBVA cede os teus datos á empresa VIAJOVEN que che envía o carné ISIC por correo electrónico. Lembra que a renovación anual do carné non é automática.

Promoción válida para novos clientes de entre 18 e 29 anos ata 12/12/2021

O carné ISIC é un rendemento do capital mobiliario en especie suxeito a ingreso a conta do IRPF.

Ingreso a conta: algunhas rendas en especie, é dicir, non monetarias, suxeitas ao IRPF, comportan a obrigatoriedade por parte de Facenda de aplicar unha retención que se calcula como unha porcentaxe do total da renda recibida.

O BBVA asumirá o correspondente ingreso a conta, procederá a ingresalo no Tesouro por conta do titular da conta (o Titular) e porá a disposición deste, con vistas á declaración da renda, a información fiscal correspondente. Tanto o rendemento como o ingreso a conta son imputados a ese titular, independentemente do resto de titulares da conta onde se domicilia. Todo o anterior, sen prexuízo das modificacións fiscais que se poidan realizar durante a validez desta promoción.