App BBVA

Desde a casa ou onde esteas: contrata por Internet, paga co móbil, axiliza as túas xestións, contacta co teu xestor e mesmo accede desde o smartwatch. Todo isto e máis descargando a app BBVA!
Ver vídeo

Queres saber como descargar a app BBVA?

Se necesitas unha pequena guía para descargar e empezar a usar a app BBVA, esta é a túa ligazón. Consúltaa e descubre como aproveitala ao máximo.

Contrata por Internet sen pasares pola túa oficina BBVA

Esquécete de desprazamentos! Coa app BBVA, xestiona as túas finanzas sen te moveres do sofá e contrata fondos de investimento ou fai achegas a plans de pensións desde o móbil, validando mediante sinatura electrónica as túas operacións.

Simplifica as túas operacións bancarias

A través do Servizo Cambio de Banco BBVA, trae os teus ingresos, recibos domiciliados e incluso toda a túa conta noutra entidade e comeza a xestionar os teus produtos bancarios de forma sinxela e rápida desde a app BBVA: pagamentos programados, servizo de agregación, metas de aforro, etc.

Máis preto de ti

Fala co teu xestor, pide cita previa e quenda de caixa dixital, recibe notificacións sobre os teus produtos, axuda do asistente virtual Blue, etc. A app BBVA ofréceche novas vías de comunicación electrónica, para facer máis fácil o teu día a día.

Descarga a app do BBVA e saca partido a todas as súas vantaxes

Sempre á última, coa app BBVA!

O teu banco no móbil coa app do BBVA

A app que xa usan máis de 6 millóns de clientes.

Líder europeo en banca móbil por quinto ano consecutivo segundo a consultora Forrester.
Coa app podes apagar e acender as túas tarxetas, retirar efectivo de caixeiros BBVA co móbil, recibir notificacións instantáneas dos movementos da túa conta e moito máis.