Inscribir o bebé no Rexistro Civil e outro trámites

Cando nace un fillo hai que facer unha serie de trámites administrativos, explicámoschos paso a paso

Cando nace un fillo, os pais ou titores legais teñen que realizar unha serie de trámites para converter o bebé nun cidadán con todos os seus dereitos.

Para gañar tempo, nas últimas semanas do embarazo convén indagar onde haberá que acudir para facer cada trámite e preparar a documentación. Algúns formularios pódense descargar en Internet.

Existen empresas que se ocupan destes trámites por un prezo que oscila entre os 30 e os 70 euros. Se se pode optar por esta vía (ás veces é necesario que os pais acudan en persoa) haberá que facer unha autorización e asinar os impresos necesarios.

Internet axilizou moitos trámites. Agora pódese incluír o bebé na Seguridade Social a través dunha web e, en moitos casos, é posible inscribilo no Rexistro Civil desde o propio hospital.

4. Empadroar o bebé

Habitualmente, o empadroamento do neonato faise de oficio nos concellos coa información que envía o Rexistro Civil. Se os pais non viven xuntos, dáse preferencia ao domicilio da nai.

Se urxe, os pais poden empadroar directamente o bebé no seu concello, ou xunta de distrito se é unha cidade grande, co seu DNI e o certificado literal de nacemento.

5. Pedir o título de familia numerosa

Se nace un terceiro fillo ou se de dous fillos un deles ten unha minusvalía, a familia convértese en numerosa.

O título de familia numerosa xestiónase nos servizos sociais das comunidades autónomas (algunhas permiten facelo por Internet).

Hai que presentar fotocopia e DNI dos pais e fillos maiores de 14 anos, fotocopia e orixinal do libro de familia ou dos certificados de matrimonio e nacemento dos fillos e un volante ou certificado de empadroamento en vigor.

Todo o contido de Baby Planner, na túa app do BBVA