Revisa a túa economía doméstica

Un bebé supón un cambio na túa vida, tamén financeiro. Crea un colchón para afrontar mellor os novos gastos e garantir a túa tranquilidade económica

A noticia dun embarazo provoca moita ledicia, pero tamén esixe unha reflexión económica. Para prepararse, convén facer unha revisión profunda da situación económica e reorganizar os gastos para adecualos ao novo orzamento familiar, para evitar estreitezas futuras.

O control da economía familiar

Os ingresos mensuais dunha familia, con ou sen fillos, deben cubrir as necesidades básicas, facer fronte a posibles compromisos de débeda e, sobre todo, garantir un futuro económico estable. Neste sentido, por exemplo, a regra do 50-30-20 é unha boa opción para vertebrar ingresos e gastos.

A regra do 50-30-20 supón repartir os ingresos en tres grupos de gasto principais:

  • O 50 % dos ingresos ten que estar destinado a cubrir necesidades básicas tales como o pagamento dun alugueiro ou dunha hipoteca, pero tamén de alimentación, enerxía, desprazamentos, etc.
  • Un 30 % dos gastos resérvase para bens ou servizos útiles ou atractivos, pero non necesarios realmente. Aquí entrarían cuestións tan diversas como lecer, caprichos tecnolóxicos, vacacións, etc.
  • O 20 % dos ingresos debería aforrarse, no mellor dos casos nunha conta á parte.

Este control da economía doméstica garante un bo manexo dos ingresos e, ademais, permite a longo prazo crear un colchón financeiro para sufragar gastos repentinos ou imprevistos. E isto, que o debe facer calquera familia, é se cabe máis importante ante a chegada un bebé.

Que gastos ocasiona a chegada do bebé?

Os gastos dun neno que acaba de nacer son elevados. Ademais de roupa e produtos de hixiene, fan falta unha morea de accesorios que facilitan o seu coidado e garanten a súa seguridade, como o carriño de paseo, a bañeira ou o asento para o coche, que supoñen un desembolso importante.

A estes gastos extras hai que sumar:

  • Un maior gasto de calefacción no inverno e de aire acondicionado no verán (para refrescar o seu cuarto antes de deitalo, xa que o aire non se debe pór co bebé no cuarto).
  • Posibles gastos médicos en caso de enfermidade para medicinas ou coidados específicos.

Ademais, hai que ter en conta que a estes gastos fixos e imprevistos do bebé se poden sumar outros contratempos do día a día que poden descolocar o orzamento, como avarías no fogar ou no coche, pagamentos da declaración da renda, gastos por unha enfermidade repentina, dentista... etc.

Segundo o Instituto Nacional de Estatística (INE), o nacemento dun fillo pode disparar os gastos ata un 40 %. Este feito, polo tanto, esixe á unidade familiar unha redistribución dos gastos para adaptarse á nova situación. E a realidade é que calquera destes gastos se pode soportar mellor previndo un pouco

Instrumentos de apoio para a previsión de gastos

Para poder ter unha capacidade de aforro axeitada e un manexo correcto do diñeiro, é necesario encontrar unha boa relación calidade-prezo nas decisións de cada día. Isto afecta tanto á compra diaria, como a outras decisións máis importantes como alugamentos, endebedamentos ou outros compromisos financeiros a longo prazo.

Como punto de partida, convén facer unha radiografía de gastos e ingresos para saber exactamente por onde entra e por onde se vai o diñeiro.

Os clientes do BBVA teñen á súa disposición unha ampla gama de ferramentas para axudalos a cumprir os seus obxectivos de aforro:

  • As ferramentas O meu día a día, As miñas metas e Orzamentos permiten controlar tamén de maneira directa os gastos e facturas.
  • A ferramenta Orzamentos permite seleccionar unha ou varias categorías para establecer un orzamento e o importe límite para ese mes ou os seguintes.
  • A ferramenta As miñas metas, dispoñible na app BBVA ou en bbva.es, serve para crear metas de aforro e coñecer ou deseñar itinerarios para levalos a cabo.
  • A ferramenta O meu día a día permite revisar as finanzas día a día. A opción engadida de controlar igualmente os movementos permite dunha pasada coñecer polo miúdo o perfil dos gastos e, en consecuencia, poder eliminalos. Un peto virtual axúdache a levar unha conta de aforro diaria.

Este tipo de ferramentas non só che axudarán a realizar cos teus aforros cousas que che parecían imposibles, senón tamén a coordinar os gastos e ingresos da economía familiar ante a chegada dun bebé.