Cambio de casa ante a chegada do bebé

Un novo membro na familia require moito espazo, por iso non hai que descartar unha mudanza a unha vivenda máis grande

A chegada do novo bebé pon a casa patas arriba, nunca mellor dito. É curioso: co pequeniño que é, as cousas que necesita para os seus coidados ocupan moitísimo: berce, berce portátil para os primeiros meses, bañeira-cambiador, carriño, trona… Non hai máis que observar a diferenza entre o salón (o lugar da casa onde máis vida facemos) dunha parella sen fillos (normalmente impecable) e o dunha familia cun bebé ou máis fillos (cheo de xoguetes ou invadido polo berce, a trona ou o parque).

Por iso, durante o embarazo convén pensar como se vai distribuír o espazo e preparar a casa para o bebé.

Ao principio, o máis cómodo é que o bebé durma no cuarto dos pais. Ademais, os primeiros meses o neonato séntese máis protexido nun berce portátil, máis pequeno e fácil de transportar que o berce.

A partir dos seis meses (o momento de cambialo a un cuarto propio é moi persoal e depende, sobre todo, das necesidades do neno), o bebé pode pasar ao seu cuarto e durmir no berce.

  • O berce debe ser colocado nun lugar seguro (lonxe das cordas do estor, dun radiador, dun estante...) e a salvo de correntes de aire.
  • No cuarto do bebé debería haber o maior espazo libre posible para que poida xogar con liberdade. 

Ademais, hai que coidar a seguridade do fogar e protexer ben a casa porque no momento en que o bebé comece a se mover de forma autónoma (xa sexa gateando ou camiñando), será moi curioso e quererá tocar todo. 

  • Convén pór peches de seguridade en portas e caixóns, e protectores nas esquinas e nos bordos dos mobles.
  • A cociña e o baño son os lugares máis perigosos. Para evitar que poida acceder a produtos de limpeza e medicamentos, é conveniente gardalos en mobles altos.
  • Se é necesario, convén pór unha barreira para evitar que entre na cociña e no baño (aos nenos encántalles xogar coa auga).

Unha nova casa para o bebé?

Algunhas parellas contemplan a posibilidade de cambiaren de casa cando chega un novo fillo, habitualmente porque na actual non teñen suficiente espazo. Ao escoller a nova vivenda é conveniente ter en conta os servizos da zona que pode necesitar o pequeno: centro de saúde, gardaría e, a pesar de que aínda quede tempo, colexios. Ao preparar a nova vivenda, hai que ter en conta todos os consellos de seguridade anteriormente mencionados. O BBVA ten ferramentas para axudar se tes que cambiar de casa coa chegada do teu bebé, como Valora, unha ferramenta web de valoración de vivendas que axuda a acertar co prezo da nova casa.

En concreto, BBVA Valora:

  • Axuda a coñecer o prezo aproximado de compravenda dunha vivenda: o buscador ofrece información catastral da vivenda e inclúe as ofertas que existen de casas similares e próximas.
  • Proporciona información relativa ao barrio: cantas vivendas dispoñibles hai na zona, prezo e superficie. Ademais, mostra as vivendas en venda en relación co número total de vivendas do barrio. Isto é importante, porque a maior oferta, maior capacidade de negociación do prezo.
  • Axúdache a facer números: grazas aos simuladores incluídos na ferramenta poderás elixir a hipoteca que máis se axuste á túa capacidade financeira e tamén coñecer os gastos asociados á compra e á hipoteca.
Cando o bebé comeza a gatear, recoméndase que os pais percorran a casa de gatiñas para comprobar que, a esa altura, non hai nada que poida resultar perigoso para o bebé

Calcula a túa hipoteca co BBVA

Ademais, o BBVA pon á túa disposición un simulador de hipotecas para que poidas calcular, dunha maneira rápida e sinxela, o préstamo que mellor se adapta ás túas necesidades. Con este simulador podes coñecer a cota, o prazo, os xuros e os gastos da túa futura hipoteca.

O BBVA ten un completo catálogo de hipotecas cunhas condicións pensadas para satisfacer diferentes necesidades. Podes consultar a hipoteca variable, fixa ou mixta e comparar cal sería a túa opción ideal.