2. Axudas para as familias numerosas

Segundo un estudo da Federación de Familias Numerosas e a Fundación Madrid Viva realizado a finais de 2017, a situación económica das familias numerosas dista moito do estereotipo de familia acomodada de antano e, hoxe en día, a metade das familias numerosas teñen problemas para chegar a fin de mes.

Para axudalas a afrontaren os gastos que supón a chegada dun novo membro á familia e os gastos futuros que terá (por exemplo, en educación) existen algúns beneficios e axudas para familias numerosas.

Hai dous tipos de beneficios: os estatais e os autonómicos.

A lei cambiou e agora unha familia é numerosa ata que o último dos fillos fai 21 anos (26 se continúa a estudar)