Boletín fiscal Campaña Renda 2021

Descargar boletín completo

Índice

Campaña Renda e Imposto Patrimonio 2021

No pasado 6 de abril comezou a Campaña de Renda e Patrimonio que quedará definitivamente pechada o día 30 de xuño, data en que expira o prazo para presentar as declaracións.

Con motivo da campaña preparamos esta “Edición especial” do noso boletín fiscal, onde se resumen os aspectos máis relevantes que é preciso ter en conta para realizar a declaración do IRPF e do imposto sobre o patrimonio (IP).

Este ano, como non podía ser doutra maneira, encontrámonos con algunhas novidades, a maior parte delas incorporadas pola Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021 e pola Lei 11/2021, de 9 de xullo, de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal.

Entre estas novidades, cómpre destacar, no IRPF, o incremento de tipos impositivos para as rendas máis altas, tanto na tarifa aplicable á base xeral como na correspondente á base do aforro, e a minoración do límite cuantitativo da redución na base impoñible por achegas a plans de pensións e outros sistemas de previsión social. No imposto sobre o patrimonio destacan o incremento do tipo marxinal máximo aplicable a contribuíntes con residencia fiscal en comunidades autónomas que non teñan aprobada a súa propia tarifa e a incorporación dunha regra especial de valoración dos seguros de vida nos que o tomador non teña a facultade de exercer o dereito de rescate total da póliza.

Tamén queremos destacar o “Manual práctico de renda 2021”, que a Administración Tributaria puxo a disposición de todos os contribuíntes no seu web e que dedica unha sección específica a explicar as implicacións fiscais máis relevantes no IRPF derivadas do investimento en moedas virtuais ou criptomoedas.

Finalmente, non queremos deixar escapar a ocasión para lembrar que os produtos de acumulación, como son os fondos de investimento, continúan a ser moi eficientes para a xestión dos investimentos financeiros, na medida en que permiten diferir o pagamento do IRPF e contribúen a reducir a tributación polo IP por aplicación do límite de tributación conxunta IRPF-IP.

Jesús Muñoz García

Director de Planificación Patrimonial

Banca Privada do BBVA

A continuación, resumimos as cuestións que consideramos de maior interese para a realización da declaración do IRPF correspondente ao exercicio 2021.

Se está obrigado a presentar a declaración do imposto sobre o patrimonio, hai unha serie de cuestións que non pode descoidar. Entre elas, é preciso destacar a determinación da obriga de presentar a declaración, os bens e dereitos exentos de tributación, as normas de valoración e tamén a regra de limitación da cota por aplicación do límite de tributación conxunta deste imposto co IRPF.

A carga tributaria no IRPF e no imposto sobre o patrimonio pode variar en función da comunidade autónoma de residencia. Polo tanto, é de grande interese coñecer as regras que nos levarán a aplicar a normativa dunha comunidade ou doutra.

Cadro resumo tributación produtos financeiros no IRPF

Neste PDF poderás ver o cadro resumo:

Accede ao boletín completo do País Vasco

Para ter en conta:

O contido desta sección é simplemente informativo e non presupón asesoramento fiscal ou xurídico.