Se aínda non che tocou lidar con el, ponte en garda porque a todos, antes ou despois, nos chega a hora. E é que, por desgraza, é moi común ter un compañeiro de traballo que nos fai a vida máis difícil. Tanto que pode facer que che custe ir traballar todas as mañás.
Se te estás agora mesmo enfrontando a esta situación ou temes que che poida chegar en calquera momento, apunta as seguintes claves para encarar este problema da mellor maneira posible e saír vitorioso.
"Temos que falar"
Es tóxico e telo que saber
Si. Somos conscientes de que non é fácil dicirlle a alguén as súas cousas negativas, polo tanto, o responsable de Adecco dános unha pauta dos tres pasos que debemos seguir para falar co noso compañeiro:
- Comunicar con claridade e dar feedback sincero á persoa implicada.
- Fixar un plan con medidas concretas e compromisos por ambas as partes.
- Marcar un prazo máximo para que se produzan os cambios.
Segundo Alberto Gavilán, o máis importante é “o proceso de comunicación coa persoa tóxica para comunicarlle que o é”. Para iso, hai que ser claro, esquecer as opinións propias e demostrar con feitos a argumentación.
Sempre hai unha autoridade superior
Como evitar ser a nena do exorcista
Pobre de ti
Imaxina agora que entra un compañeiro novo ao que lle tocou traballar directamente con este colega de traballo que a ti che parece insoportable. Pode que che entren ganas de advertilo, pero talvez é mellor que quites esa idea da cabeza.
Por que, se o teu son boas intencións? Pois porque, tal e como explica Gavilán, “ese tipo de condutas coas novas incorporacións son prexudiciais por dous motivos: dá unha imaxe moi negativa á persoa que se incorpora e aumenta o illamento e a sensación do ‘todos contra min’ da persoa implicada”, o que dificulta e pecha portas a unha solución.
Serei eu, señor?
Cando tes un problema con todos, talvez a culpa non é do resto, senón túa. Ou pode que os teus chistes só che fagan graza a ti. Ou que chasques os dedos e iso poña nerviosa a xente.
Como debes actuar se estás no outro lado? Talvez deberías autoanalizarte para saber que puntos poden molestar aos teus compañeiros.