Como formarte en Big Data (e de que vai)

Cada día xeramos grandes cantidades de datos. Ao completar un formulario web, enviar un WhatsApp, usar un GPS ou simplemente ao navegar pola web. Estas cantidades son tan grandes que os métodos de software tradicionais non son capaces de procesalas.

Aquí é onde entra en xogo o especialista en Big Data, unha das profesións con máis proxección de futuro. Se estás pensando nunha carreira con saídas, pode que o Big Data sexa para ti.

Unha necesidade actual

O Big Data é a xestión e a análise de cantidades masivas de datos. Unha vez capturados, almacenados e tratados, estes datos poden traducirse en información para extraer patróns e xerar coñecemento que se pode aplicar a unha infinidade de campos diferentes.

Esta situación abriu un mercado en que as empresas demandan novos profesionais. Algunhas previsións sinalan que os ingresos mundiais para software e servizos de Big Data aumentarán de 42.000 millóns de dólares en 2018 a 103.000 millóns en 2027.

Quen son estes novos profesionais?

O informe Xeración de Talento Big Data en España da Fundación Cotec para a Innovación sinala catro roles principais: directivos e consultores, data scientists, arquitectos de datos e enxeñeiros de datos e usuarios.

Pero o espectro é moito máis amplo: os novos profesionais Big Data deben saber transformar datos en beneficios, identificar que valor poden achegar á empresa e á sociedade e deseñar estratexias para tirarlles partido. Ante a dificultade de asumir tantos roles nun mesmo perfil, todo parece indicar que o mercado do Big Data creará postos de traballo en moitas ramas diferentes.

Opcións para formarte a todos os niveis

Nos últimos anos creáronse diferentes plans de formación tanto en España como a nivel internacional. Falámosche dalgúns deles:
PARA INICIARSE

Se tes curiosidade e queres saber de que vai o tema sen profundar demasiado, proba con algúns destes cursos en liña. Son unha boa opción para entrar neste mundo e saber se é para ti:

PARA PROFUNDAR

Se decidiches dar un paso adiante, é o momento de probar con cursos que introduzan programas específicos ou especializados nun perfil concreto. Aquí tes algúns exemplos:

Soa interesante? Se é así, pode que sexa o momento de dar ao Big Data unha oportunidade e adiantarte a unha das profesións do futuro.