Subministracións e subscricións

Fai un seguimento rápido e sinxelo dos teus gastos recorrentes.

Todos os teus gastos fixos ordenados

Así é máis sinxelo levares o control para conseguires que os teus gastos fixos non superen o 50 % dos teus ingresos mensuais e poderes redistribuír o resto en gastos variables e aforro. 
  • Consulta, de maneira ordenada, os teus pagamentos relativos a electricidade, auga, gas, telefonía.
  • Comproba, desde a app BBVA, o teu gasto en subscricións como Amazon, Netflix, Spotify, etc.
  • Fai seguimento da evolución do teu gasto medio mensual e anual.

Revisa facilmente desde a app do BBVA todas as túas subministracións e subscricións

  • Pagamento de subministracións

    Repasa, de forma sinxela e organizada, o teu gasto en servizos como a subministración de auga, luz e gas, entre outros. E realiza seguimento da súa evolución media durante o ano, así como mes a mes.
  • Ilustración de varios tíckets.

    Gasto en subscricións

    Poderás ver dunha ollada cantas subscricións tes dadas de alta e o custo que supoñen todas xuntas, ao mes e ao ano. Ademais, poderás simular canto aforrarías se te deses de baixa dalgunha delas.

O teu banco no móbil coa app do BBVA

Se aínda non a tes, descarga a app do BBVA e accede a Subministracións e subscricións a través da icona de saúde financeira, situada no menú inferior.