Que é o valor de adquisición?

Para as persoas físicas, o valor ou custo de adquisición é a base fiscal que se utiliza para calcular a ganancia ou perda patrimonial e, en xeral, estará formado pola suma do prezo que pagaches ao mercar accións do Sabadell máis os gastos asociados á compra (comisións, impostos etc.).

No caso de adquisicións mediante herdanza ou doazón, o valor de adquisición será o declarado no imposto sobre sucesións ou doazóns, máis calquera tributo ou custo vinculados aboados polo adquirente.

Ten en conta que os eventos corporativos como o dividendo opción, devolucións de capital, operacións de reestruturación etc., puideron alterar o valor de adquisición fiscal das túas accións do Banco Sabadell.

Por outra banda, a norma considera que, para efectos fiscais, as accións transmitidas son as adquiridas en primeiro lugar (método FIFO), polo que hai que ter en conta esta regra se non se trocan todas as accións do Banco Sabadell. Do mesmo xeito, este criterio aplícase a todas as accións consideradas homoxéneas, polo que se tes accións depositadas en diferentes entidades, tamén o debes ter en conta á hora de calcular o valor de adquisición.

Para as persoas xurídicas, asúmese que o valor de adquisición das accións do Sabadell coincide co seu valor fiscal.