Conta Negocios BBVA

A conta para a túa actividade profesional.

Se es autónomo ou peme, esta é a túa conta.
  • 2 Tarxeta de crédito ou débito sen comisións.
  • 2 Sen comisións por transferencias ordinarias.
  • 2 Sen comisións por emisión e cobramento de cheques nacionais en euros.

Que che ofrece?

  • Coa Conta Negocios poderás utilizar os seguintes servizos sen comisións:

    • Tarxeta Negocios BBVA (crédito ou débito) sen comisión por emisión e mantemento dunha tarxeta de débito ou crédito. Podes solicitar unha por titular e deberá ser aprobada polo BBVA.
    • Cheques en euros sen comisións por emisión nin por compensación e negociación sobre prazas nacionais.
    • Transferencias ordinarias en euros, coroas suecas ou lei (RON) romaneses dentro do Espazo Económico Europeo sen comisións se son ordenadas desde bbva.es, a app do BBVA, BBVA Net Cash e caixeiros automáticos.

    Non incluídas as transferencias realizadas en soporte magnético, OMF (orde de movemento de fondos), inmediatas e transferencias valor día. Para as transferencias non incluídas aplicaranse os conceptos e gastos complementarios.

Aforra as comisións

  • O custo de mantemento da Conta Negocios BBVA é de 10 € ao mes, agás os 3 primeiros meses naturais desde a apertura da conta, que será de 0 €. Pero se cumpres polo menos dous dos seguintes requisitos, poderás aforrar esta comisión.

    • Seguros sociais: ter realizados tres pagamentos nos tres meses naturais anteriores a cada liquidación.
    • Impostos: facer un pagamento do IVE, o imposto de actividades económicas, IRPF ou o imposto de sociedades nos tres meses naturais anteriores.
    • Nóminas a empregados: ter realizados polo menos dous pagamentos de nómina unitarios e superiores a 600 € nos tres meses naturais anteriores a cada liquidación.
Transferencias inmediatas con custo reducido
Só por contratares a Conta Negocios poderás realizar transferencias inmediatas cun custo de 0,90 € para autónomos e 1,50 € para pemes.

Solicita a Conta Negocios BBVA