BBVA Autorenting reduce á metade a cota dos seus clientes máis afectados pola COVID-19 en España durante tres meses

BBVA Autorenting ofrecerá unha medida de apoio a todos os clientes que se están a ver afectados pola crise do coronavirus. Esta medida desenvolverase a través de tres solucións unidas entre si pero diferenciadas no tempo. En concreto, aplicará unha redución do 50 % da cota que pagan os seus clientes durante tres meses (de abril a xuño); unha bonificación do 10 % así que expire esta primeira solución e ata o vencemento do contrato; e, por último, unha ampliación en 12 meses do contrato, a partir da cal os clientes recuperarán a cota inicial.

BBVA Autorenting quere axudar así todos os seus clientes para que poidan afrontar mellor a súa situación económica, especialmente aqueles que se están a ver afectados pola expansión da COVID-19. Ademais, contactou con eles por correo electrónico e por teléfono para coñecer cal é a súa situación, informalos destas medidas e ofrecerlles o seu apoio nestes momentos.

A forma de acollerse a estas novas solucións é, ademais, sinxela. Os interesados pódeno facer a través do enderezo electrónico (coronavid.facturacion@bbvaautorenting.es), onde se iniciará o proceso necesario para o cambio de condicións do contrato de renting.

Os clientes non terán que devolver o 50 % que deixarán de pagar desde este mes de abril e ata o próximo mes de xuño. BBVA Autorenting asumirá este custo para que os clientes poidan facer fronte con maior liquidez á crise, articulando estas medidas baixo unha novación dos contratos.

BBVA Autorenting
Os teus especialistas en renting.