Pequenos xestos para protexer o teu negocio

Desde o inicio da crise sanitaria da COVID-19, no BBVA quixemos axudar a reducir o posible impacto que poida ter sobre os negocios dos nosos clientes, porque sabemos que coa suma de grandes e pequenas iniciativas superaremos antes esta etapa. Para iso, ademais de nos sumarmos ás medidas adoptadas polo Goberno, tamén levamos a cabo pequenos xestos dirixidos a colectivos seleccionados de clientes que resumimos a seguir:

Querémoscho pór máis fácil nestes momentos. Por iso, pomos á túa disposición estas medidas para facer máis cómodo o pagamento dos teus seguros BBVA:

  • Adía o pagamento da túa prima 60 días, en caso de o necesitares.
  • Se aínda non tes o pagamento fraccionado, pódelo solicitar para pagar de forma semestral en vez de anual.

Poderás solicitar estas medidas para as pólizas con vencemento en abril, maio e xuño dos seguintes seguros:

  • Seguro Responsabilidade Civil Xerentes e Directivos BBVA.
  • SegurNegocios BBVA.
  • Ciberseguro BBVA.
  • Seguro Responsabilidade Civil Autónomos e Pemes BBVA.
  • SegurPyme BBVA.
Quixemos ter un pequeno xesto cos comercios que non tiveron facturación entre 1 abril e 31 de maio no seu TPV BBVA e que teñen contratada a tarifa de pagamento por porcentaxe sobre o importe de cada operación. Por iso, devolvémoslles a comisión de mantemento por inactividade de abril e maio.

Solucións de cobramento

En mobilidade e a distancia

Nos meses de maio e xuño, os titulares da Conta Negocios que, con anterioridade a eses meses, cumprisen as condicións para non pagaren a comisión de mantemento e que na situación actual xa non as poidan cumprir, estarán exentos do pagamento desta comisión de 10 €.

A Conta Negocios BBVA é unha conta que permite aforrar comisións, xa que se cumpres polo menos dous dos seguintes requisitos poderás aforrar a comisión de 10 € de mantemento mensual:

  • Seguros sociais: ter realizados tres pagamentos nos tres meses naturais anteriores a cada liquidación.
  • Impostos: facer un pagamento do IVE, o imposto de actividades económicas, IRPF ou o imposto de sociedades nos tres meses naturais anteriores.
  • Nóminas a empregados: ter realizados polo menos dous pagamentos de nómina unitarios e superiores a 600 € nos tres meses naturais anteriores a cada liquidación.

Conta Negocios BBVA

100 % en liña