Adiamento do pagamento do alugueiro para as familias que habiten en casas do Fondo Social de Vivendas

Os bancos aplicaron un adiamento do pagamento de ata tres meses do alugueiro social a aquelas familias que habitan nunha casa acollida ao Fondo Social de Vivenda (FSV) e que estivesen afectadas pola COVID-19. Este fondo foi creado en 2013 e conta con máis de 10.000 vivendas en toda España, propiedade das entidades de crédito.

Esta medida do sector bancario para paliar os efectos da crise do coronavirus sobre os colectivos máis vulnerables da sociedade súmase á moratoria no pagamento das hipotecas que o Goberno anunciou e que os bancos xa comezaron a aplicar.

Con este adiamento do pagamento do alugueiro, os bancos españois deron un paso máis no seu apoio á sociedade nun momento tan difícil. Agora máis ca nunca, as entidades financeiras queren estar preto de todos os cidadáns e están plenamente comprometidas a axudar os seus clientes e impulsar, así, unha rápida recuperación da economía en España.

Os bancos que aplicaron esta medida foron Santander, BBVA, Sabadell, Abanca, Bankinter, ING, Deutsche Bank e Banca March, pertencentes á Asociación Española de Banca (AEB), así como as entidades adscritas á UNACC.

Consulta o comunicado da AEB