Solicitude de moratoria de hipoteca

Desde o BBVA podemos axudar a reducir o impacto do coronavirus


No pasado 17 de marzo publicouse o Real decreto-lei 8/2020 e no día 1 de abril o Real decreto-lei 11/2020, con medidas urxentes e extraordinarias para afrontar o impacto socioeconómico da COVID-19 e que describen as condicións, a documentación e os prazos para solicitar unha moratoria nas cotas de préstamos hipotecarios para vivenda habitual, inmobles afectos a actividade comercial ou vivendas alugadas por particulares que deixasen de percibir a renda.

Se es cliente, tes co BBVA unha hipoteca e reúnes as condicións, poderaste acoller á moratoria que che permite adiar tres meses a cota da hipoteca, aínda que pode ser prorrogable. Durante este tempo, non che será cobrada a cota.

A aplicación da moratoria modificará o prazo do préstamo hipotecario polo que, ao finalizar as restricións á mobilidade polo estado de alarma, o cliente e a entidade asinarán ante notario unha novación modificativa para fixar ese novo prazo. Os gastos da novación serán asumidos polo BBVA.

 

Simulador de moratoria hipotecaria
Co noso simulador poderás coñecer de maneira sinxela se podes solicitar as moratorias hipotecarias legais (RD 8/2020 e RD 11/2020).

Documentación requirida

Documentos de situación laboral:

  • En caso de situación legal de desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións, en que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • En caso de cesamento de actividade dos traballadores por conta propia: certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da comunidade autónoma, se for o caso, sobre a base da declaración de cesamento de actividade declarada polo interesado.

Documentos das persoas que habitan a vivenda:

  • Libro de familia ou documento acreditativo da inscrición como parella de feito.
  • Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
  • Se se aplica, declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral.

Documentos que acreditan a titularidade dos bens:

  • Nota simple do servizo de índices do Rexistro da Propiedade de todos os membros da unidade familiar.
  • Escrituras de compravenda da vivenda e de préstamo con garantía hipotecaria.

Documento que hai que presentar en caso de ter unha vivenda en alugueiro:

  • Contrato de arrendamento.

Declaración responsable do prestameiro/fiador/hipotecante non debedor:

  • Declaración responsable de todos os debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para se consideraren situados no limiar de exclusión, segundo o modelo, polo Real decreto-lei.
 
Se como solicitante da moratoria non puideses presentar algún dos documentos requiridos, poderalo substituír por unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise da COVID-19, que che impiden presentalo. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas disporás do prazo dun mes para presentar os documentos que non facilitases.

Poderás solicitar a moratoria hipotecaria ata 29 de setembro de 2020.

Unha vez recibida a túa solicitude e revisada a documentación necesaria, se procede, implantaremos a moratoria nun prazo máximo de 15 días.

As normas que recollen esta actuación:

  • Real decreto-lei 8/2020, publicado no BOE de 17 de marzo de 2020.
  • Real decreto-lei 11/2020, publicado no BOE de 1 de abril de 2020.
Solicitude de moratoria sectorial
Coñece que é e como solicitar a moratoria sectorial da túa hipoteca ou crédito ao consumo BBVA.