Solicitude de moratoria de préstamos e créditos non hipotecarios por COVID-19

Desde o BBVA podemos axudar a reducir o impacto do coronavirus

O Real decreto-lei 11/2020 publicado no pasado 31 de marzo, con medidas urxentes e extraordinarias para afrontar o impacto socioeconómico da COVID-19, recolle as condicións, a documentación e os prazos para solicitar unha moratoria nas cotas de préstamos e créditos non hipotecarios.
Se es cliente do BBVA, estás a pagar un préstamo non hipotecario ou un crédito non hipotecario e reúnes as condicións necesarias, poderaste acoller á moratoria que permite adiar tres meses a cota, aínda que este prazo poderá ser prorrogable. É dicir, que durante o tempo que dure o adiamento non se che cobrará a cota. 
A aplicación da moratoria modificará o prazo da operación, alongándoo nos mesmos meses nos que se aplique a moratoria.
Simulador de moratoria de préstamos e créditos non hipotecarios
Co noso simulador poderás coñecer de maneira sinxela se podes solicitar a moratoria legal de préstamos e créditos non hipotecarios (RD 11/2020).

Documentación requirida para solicitar a moratoria de préstamos e créditos non hipotecarios por COVID-19

Documentos de situación laboral

  • En caso de situación legal de desemprego: certificado expedido pola entidade xestora das prestacións, en que figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • En caso de cesamento de actividade dos traballadores por conta propia: certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da comunidade autónoma, se for o caso, sobre a base da declaración de cesamento de actividade declarada polo interesado.

Documentos das persoas que habitan a vivenda

  • Libro de familia ou documento acreditativo da inscrición como parella de feito.
  • Certificado de empadroamento relativo ás persoas empadroadas na vivenda, con referencia ao momento da presentación dos documentos acreditativos e aos seis meses anteriores.
  • Se se aplica, declaración de discapacidade, de dependencia ou de incapacidade permanente para realizar unha actividade laboral.

Declaración responsable do prestameiro
Declaración responsable de todos os debedores relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos para se consideraren situados no limiar de exclusión, segundo o modelo, polo Real decreto-lei.


Que facer en caso de non dispores dalgún dos documentos?
Se como solicitante da moratoria non puideses presentar algún dos documentos requiridos, poderalo substituír por unha declaración responsable que inclúa a xustificación expresa dos motivos, relacionados coas consecuencias da crise da COVID-19, que che impiden presentalo. Tras a finalización do estado de alarma e as súas prórrogas, disporás do prazo dun mes para presentares os documentos que non facilitases.

Prazo de implantación da moratoria

Unha vez recibida a túa solicitude e revisada a documentación necesaria para o teu caso, implantaremos a moratoria nun prazo máximo de 15 días.

Normativa que recolle esta actuación

Real decreto-lei 11/2020, publicado no BOE de 1 de abril de 2020.
Solicitude de moratoria sectorial
Coñece que é e como solicitar a moratoria sectorial da túa hipoteca ou crédito ao consumo BBVA.