Saímos en axuda do teu negocio

O BBVA pon á disposición de pemes e autónomos ata 25.000 millóns de euros para mitigar o impacto do coronavirus

O BBVA activou un protocolo de axuda para apoiar pemes e autónomos en España, colectivo clave no noso tecido empresarial e que está directamente afectado polas consecuencias do coronavirus. O plan está baseado en dúas liñas: reforzo das súas capacidades dixitais e liñas de crédito inmediato de ata 25.000 millóns de euros.

O BBVA é consciente do impacto que o contaxio do coronavirus (COVID-19) está a ter sobre o sector de pemes e autónomos en España. Neste contexto, o banco quere estar aínda máis preto deste colectivo para continuar dándolle apoio e responder de forma constante ás súas necesidades.

Na situación actual de limitación de mobilidade persoal, adquire aínda máis importancia a potencia das canles dixitais e remotas, que posibilitan a realización da práctica totalidade das xestións de pemes e autónomos sen desprazamentos.

Por iso, o BBVA reforzará as capacidades que vén ofrecendo cun maior apoio dos equipos que dan soporte ás canles dixitais e remotas, co fin de evitar que haxa disrupcións no servizo.

Ademais, o BBVA pon á disposición de pemes e autónomos liñas de liquidez inmediata de ata 25.000 millóns de euros para axudar a xestionar o impacto nos seus negocios do coronavirus. Así mesmo, todos os equipos e xestores continúan monitorizando a situación para ofreceren en todo momento axuda e adoptaren as medidas que sexan necesarias.