Apoio aos pensionistas

Adiantando o cobramento da pensión da Seguridade Social e eliminando as comisións en caixeiros.

En marzo contactamos cos nosos clientes pensionistas para lembrarlles que o ingreso da súa pensión se realizaría puntualmente como todos os meses e que o poderían consultar de forma remota para evitar desprazamentos a oficinas. Ademais, en caso de necesitaren retirar efectivo a débito, desde 25 de marzo ata 5 de abril puideron facelo desde o caixeiro máis próximo ao seu domicilio de calquera rede de España sen que o BBVA lles repercutise comisión.

No mes de abril adiantamos o ingreso das pensións da Seguridade Social ao día 21 e, aínda que a recomendación sanitaria continuaba a ser non saír da casa, ata o día 30 do mes puideron retirar efectivo a débito desde o caixeiro máis próximo ao seu domicilio de calquera rede de España sen que o BBVA lles repercutise comisión.

No mes de maio tamén adiantamos aos nosos clientes, por terceiro mes consecutivo, o pagamento das súas pensións da Seguridade Social.

Ademais, o banco actualiza diariamente toda a información sobre as oficinas abertas do BBVA ás que poden acudir se o desexan e os protocolos de seguridade necesarios para facelo.

Para o BBVA o máis importante é salvagardar a saúde dos seus clientes e lembra que para poder comprar ou realizar pagamentos teñen á súa disposición canles remotas, polo que non é preciso saír da casa salvo en casos de extrema necesidade.  O BBVA quere estar preto dos seus clientes de idade máis avanzada en momentos difíciles como o actual. Este colectivo é o máis vulnerable fronte ao coronavirus e o BBVA quere transmitir unha mensaxe de tranquilidade.

Para iso puxo en marcha diversas accións de comunicación que se realizarán a través de ‘correo electrónico’, ‘app’, ‘SMS’ e chamadas de teléfono por parte dos xestores co fin de contactar con todos e cada un dos clientes e informalos e axudalos sobre a disposición da súa pensión. As medidas de comunicación afectarán a un millón e medio de clientes pensionistas, aínda que, a comunicación a través da ‘app’ chegará a máis de 2,5 millóns de clientes. Desta forma, e con outras mensaxes en plataformas dixitais, informarase tamén aos familiares para tranquilizar e apoiar os seus maiores nestas xestións.

Evitar desprazamentos ante o CoviD-19

Na súa comunicación, o BBVA aconsellará aos clientes realizaren os seus pagamentos prioritariamente con tarxeta ou por transferencia se dispoñen de cartilla. En caso de necesitar dispor de efectivo, o BBVA porá á súa disposición toda a información sobre as oficinas abertas máis próximas aos seus domicilios, así como as precaucións de seguridade que deben ter en conta, entre elas, respectar as distancias de seguridade.

É probable que moitos pensionistas teñan o costume de acudir á oficina para disporen de efectivo, pero as circunstancias actuais obrigaron a modificar moitos dos costumes ante a limitación de desprazamentos que impón o estado de alarma. Dispor de efectivo pode ser un deses hábitos que, nestes momentos, o BBVA aconsella adiar, na medida do posible, por motivos de seguridade.