COVID-19

O noso compromiso continúa firme:
queremos ser parte da solución

Nesta nova realidade chea de incerteza na que a pandemia nos está obrigando a vivir, todas as persoas que formamos parte do BBVA seguimos cos nosos recursos e coa nosa tecnoloxía centrados nun único obxectivo: que todos logremos saír adiante. Porque imos encontrar as novas oportunidades xuntos.

As nosas oficinas adáptanse para ofrecerche o mellor servizo
Aínda que o recomendable é realizar todas as xestións posibles por Internet, se necesitas acudir a unha oficina, os nosos xestores atenderante con medidas de hixiene e seguridade reforzadas. Para poder optimizar a xestión de espazos e evitar esperas, o noso horario de atención en caixa é das 8:30 ás 11:00 da mañá.

Seguimos ao teu lado, ao voso lado, traballando para sermos parte da solución

Seguimos apoiando os autónomos e as empresas

Para reforzar as capacidades dixitais e facilitar o acceso a financiamento, puxemos á vosa disposición liñas de liquidez inmediata por valor de 25.000 millóns de euros.

Ademais, para colaborar no soporte e na recuperación do tecido empresarial tan afectado por esta crise, seguímonos apoiando nas axudas aprobadas polo Goberno en forma de liñas de avais ICO.

E para acompañar as empresas que dispoñen de investimentos, os nosos expertos analizan a actualidade económica para axudarlles a entender como lles afecta a evolución dos mercados a través de artigos e podcasts. 

Seguimos facilitando as xestións por Internet

Para que poidas evitar desprazamentos innecesarios, tamén se es autónomo, desde bbva.es e a app BBVA podes realizar calquera operación, sen horarios e sen teres que ir a unha oficina.

E para facer máis accesibles as operacións en remoto das empresas, seguimos reforzado os equipos que lles dan soporte a través das canles dixitais. 

Operacións en liña persoas e autónomos

Operación en liña empresas

Seguimos apoiándote economicamente

Se tiveches que parar de traballar, ou perdiches o emprego, apoiamos e ampliamos as axudas económicas aprobadas polo Goberno:
  • Adiando ata nove meses o pagamento dos teus préstamos ou créditos persoais e da túa hipoteca.
  • Axudándote a rescatar o teu plan de pensións e EPSV.
  • Ofrecéndoche financiamento para afrontares o pagamento do alugueiro da túa vivenda habitual, sen gastos nin xuros e con aval ICO.

Se estás cobrando a prestación por desemprego, desde o mes de abril estamos a adiantar a súa data de ingreso.

Se recibes unha pensión da Seguridade Social, desde o pasado mes de abril tamén estamos a adiantar a data de ingreso.

E se dispós de produtos de investimento, os nosos expertos continúan axudando a comprenderes a evolución dos mercados a través de artigos e podcasts. 

Seguimos comprometidos coa ciberseguridade

Para colaborar na protección contra as ameazas informáticas incrementadas polo coronavirus, os nosos expertos ofrécenche a información necesaria para reforzar a seguridade en Internet.

Seguimos coidando o teu benestar emocional

Para acompañarte e darche o apoio que precisas para afrontar os momentos de incerteza, recollemos as achegas máis valiosas dalgúns dos profesionais que colaboran en Aprendemos Xuntos, o noso proxecto de educación para unha vida mellor que xa atinxiu os 1.000 millóns de visualizacións.

E así é como apoiamos a sanidade nos momentos máis difíciles

Doamos un total de 35 millóns de euros, repartidos entre todos os países en que o BBVA ten presenza, para adquirir material médico e axudar organizacións sociais, conseguindo 400.000 máscaras e traendo desde a China máis de 1.000 respiradores que foron distribuídos en hospitais.
Ademais, sumámonos aos esforzos dos nosos empregados, facendo chegar aos centros sanitarios as súas doazóns de mantas e baterías para móbil e tamén achegando ás súas doazóns a mesma cantidade, alcanzando os 2 millóns de euros.

Gustaríache axudarnos a ser parte da solución?

Únete ao proxecto “A tu lado” de Save The Children para axudar a cubrir as necesidades de alimentación e hixiene de nenos e adolescentes afectados pola crise da COVID-19. Facer unha achega é así de simple:

Entra en Bizum desde a app BBVA, preme sobre “Facer achega a unha causa solidaria” e introduce o código 01020 para enviar a túa doazón.

 

Todas as persoas que traballamos no BBVA enviámosche unha mensaxe de esperanza e solidariedade. Xuntos encontraremos novas oportunidades para todos.